Ilustración para a Dot:64
9 de decembro de 2015
Sip. É repe. Pero é a ilustración da última Revista Dot deste ano 2015, que xa podedes ler aquí.
Sergio Lagartija vai tomar unhas vacacións de escribir (a ver se lle veñen as musas!) e mentres non retorna, tómolle o relevo das palabras. Ás veces, como vedes, mesturadas na ilustración.
NaNoWriMo 2015 >> 30 días [Fin da maratón!]
1 de decembro de 2015
![]() |
Banner oficial NaNoWriMo 2015 |
Pero para onde foi novembro!? Comecei a maratón novelística do NaNoWriMo 2015 non moi aló (psé-psé, por chamarlle algo), os seguintes días foime bastante mellor e os últimos días...
NaNoWriMo 2015 >> 20 días
23 de novembro de 2015
![]() |
Banner oficial NaNoWriMo 2015 |
20 días de reto. Os 10 primeiros non foron para botar cohetes, pero teño que admitir que, pasados outros 10, estou máis que contenta!
NaNoWriMo 2015 >> 10 días
11 de novembro de 2015
![]() |
Banner oficial NaNoWriMo 2015 |
Xa van aló 10 días, case 11 do reto NaNoWriMo e, como vos dixera, vou compartir os meus avances. Se é que se lles pode chamar así...
Ánimos e consellos para este NaNoWriMo
28 de outubro de 2015
![]() |
Foto de Drew Coffman via Flickr |
Comeza a conta atrás para o NaNoWriMo 2015. A semana pasada conteivos que este ano tamén me apunto ao reto, así que hoxe tráiovos algúns consellos e enlaces (e gifs, hehehe), ademais do meu calendario de publicacións do mes de novembro para compartir os avances no reto. Porque novembro vai de escribir. A cholón.
Categorías:
escribir,
nanowrimo,
produtividade,
retos
NaNoWriMo 2015
21 de outubro de 2015
![]() |
Banner oficial do NaNoWriMo 2015 |
O ano pasado apunteime ao NaNoWriMo. Descubrino pouco antes e pareceume unha forma xenial para darlle caña a unha idea nova que tiña (e que segue aí, latente, creando notas e máis notas pero sen respirar aínda no papel).
Este ano, volvo apuntarme.
[E ti? Queres escribir unha novela nun mes? Sigue lendo!]
Como crear outro mundo para a túa novela
15 de outubro de 2015
![]() |
Imaxe de Pixabay |
Lin nalgures, non lembro onde, que cando creamos un mundo imaxinario as normas que podemos romper son limitadas. Se rompemos con todo, é posible que ao noso público lle custe comprender ese mundo que estamos inventando ou mesmo que non sexamos quen de ser abondo coherentes co que estamos a fabricar (por exemplo, un mundo sen gravidade, con monstros e cun tempo distinto ao noso require cerebro de máis para lle atender ao resto da historia, non si?).
Isto vén sendo porque a realidade, tal e como nos afecta, nos obriga a buscar a súa lóxica. Por iso, se a nosa historia se desenvolve nun mundo diferente, novo, estraño, debemos darlle todas as dimensións e aspectos necesarios para que sexa completo e creíble. E aquí vou contarche como se pode facer.
Categorías:
crear mundos,
escribir,
mundos imaxinarios
Ilustracións para a Dot:61, 62 e 63
7 de outubro de 2015
Para que serve o escenario da túa historia
30 de setembro de 2015
![]() |
Imaxe de Pixabay |
Estiven un chisco desaparecida, seino. Foron sempre así as primeiras semanas de volta ao choio? Esquéceseme ben rápido...
O afastamento informático, de todos xeitos, non foi infrutífero e estiven a preparar unhas cantas entradas (ehem, notas en papel) para compartir con vós, seguindo un pouco o tema dos escenarios do que vos falei un chisco o outro día.
Comezo coa primeira, centrándome de novo na inspiración que nos ofrecen os lugares, reais ou imaxinarios e como empregalos nas nosas historias.
O mundo regálanos escenarios
16 de setembro de 2015
![]() |
Glen Coe Lochan. Foto de A. Sáez. |
Non todo o monte é ourego e non se pode atopar inspiración innovadora todos os días, pero mesmo as cousas máis mundanas, insignificantes ou case imperceptibles poden regalarnos ideas impagables.
E xa non vos digo se o que ve unha no mundo é unha paisaxe que move os sentimentos. Pode ser fermosa, tétrica, estraña, acolledora... E é que a inspiración está por todas partes.
Vacacións!
2 de setembro de 2015
![]() |
Illa de Skye. Imaxe de Pixabay |
Mañá, o Flaco e mais eu marchamos un días de vacacións a coñecer as terras de Escocia. Non sei se chegaremos a esa punta de Skye, pero imos dar unha voltiña pola capital, as Highlands e a costa oeste. Despois de traballar todo agosto, sonvos merecidos estes días de descanso. O 16 de setembro volvo con máis contidos e (moi seguramente) inspiradísima!
Folla de produtividade [Descargable gratuíto!]
26 de agosto de 2015
![]() |
Imaxe de Pixabay |
Cando vos falei das ferramentas para planificadores/as, amoseivos un pantallazo do arquivo tipo Excel que emprego a través de Google Drive para levar conta das palabras que levo escritas e das que me quedan. É un arquivo que me resulta útil e que quero compartir con vós.
Un descanso de verán
5 de agosto de 2015
Vou tomar un respiriño.
Estou preparando contidos novos e, tamén, traballando nun retoque de imaxe no blog. E como non se pode facer todo todo o tempo, pecho este chiringuito un par de semanas, ata o 26 de agosto.
Seguirei por outros chiringos (traballo, escribindo,...) e xa logo nos lemos!
Non esquezades subscribirvos ao RSS ou por email (abaixo, á dereita) para non perdervos nada.
Bo verán!
Lecturas de 2015 (I)
Cando me vou acordando, actualizo o meu perfil de Shelfari coas lecturas que vou rematando ou descubrindo. Como xa vai aló mesmo máis de medio ano, velaquí o reconto do que levo lido ata o momento, por orde cronolóxica de lectura.
Atopa as túas ferramentas ideais - Improvisadores/as
29 de xullo de 2015
A semana pasada dinvos algunhas ideas de ferramentas útiles para planificadores. Obviamente, hoxe tócalle o turno aos improvisadores.
Atopa as túas ferramentas ideais - Planificadores/as
22 de xullo de 2015
Se xa sabes que a túa metodoloxía de traballo é a dun planificador (se non sabes de que estou falando, bota un ollo aquí), ou se queres organizar mellor a túa forma de traballar, debes saber tamén que hai xente que leva moreas de anos traballando para facerche a vida máis fácil.
A día de hoxe existen centos de aplicacións destinadas á organización, planificación e control do traballo, ademais de ferramentas máis rudimentarias (o papel, ese descoñecido) grazas ás cales unha persoa planificadora pode artellar, describir e esquematizar os contidos do seu cerebro e despois medir o seu rendemento.
Como persoa maioritariamente planificadora que son, vouvos contar un pouco como traballo eu, indo por diante que este é o método que me funciona a min, persoalmente, e non ten por que vos funcionar a vós igual (oi, pero igual sacades algo en claro).
A día de hoxe existen centos de aplicacións destinadas á organización, planificación e control do traballo, ademais de ferramentas máis rudimentarias (o papel, ese descoñecido) grazas ás cales unha persoa planificadora pode artellar, describir e esquematizar os contidos do seu cerebro e despois medir o seu rendemento.
Como persoa maioritariamente planificadora que son, vouvos contar un pouco como traballo eu, indo por diante que este é o método que me funciona a min, persoalmente, e non ten por que vos funcionar a vós igual (oi, pero igual sacades algo en claro).
E ti que? Planificas ou improvisas?
15 de xullo de 2015
Din que un artista ten que ser desordeado para ser creativo, pero, e se a ese artista lle gusta planificar o que vai facer? Entón, seguramente, lle digan que é un planificador.
Faleivos o outro día dos conceptos de planificadores e improvisadores. Se non o listes ide, veña, que non é moi longo. Xa?
Mesmo se parece que falamos de etiquetas (tipoloxías, adxectivos, como queirades chamarlles) que semellan excluíntes, non o son. Podemos ter unha mestura de habilidades e competencias, pero de certo sentirémonos máis identificados (e cómodos/as co noso traballo!) se descubrimos en cal das categorías encaixamos mellor.
Plotter versus Pantser
9 de xullo de 2015
![]() |
Imaxe de Pinterest - Amy Rodchester |
Plotter vén de plot, argumento ou trama, e chámaselle así á persoa que planifica e artella as estruturas antes de escribir (wordreference só nos di que se trata dunha persoa conspiradora, pero xa sabemos que o contexto o é todo). Ocórreseme chamarlle a esta xente planificadores/as.
Pantser ten a súa orixe na palabra pants, "pantalóns", máis concretamente nunha expresión que vén referirse a sentar e poñerse a algo, sen prepararse. Chámaselle así a quen senta escribir sen facer un plan previo do que vai parir coas teclas. A tradución deste termo ten máis miga, pero, por dicir algo, vou chamarlles improvisadores/as.
Entendido, non? Sinxelo, verdade?
Pero entón... cal é a mellor estratexia? Planificar ou improvisar?
A túa lección
24 de xuño de 2015
![]() |
Ilustración de Carolina Búzio |
Seite de memoria e
aínda así
gústame repasarte.
Releo lunares e cabelos
e sei que non habería clon que me enganara.
Téñoche páxinas dobradas,
porque eu son das que dobran páxinas,
pra saber por onde ía,
cada noite,
cando esquematizo a lección
nunha culler,
nunha aperta infinita.
Coma se fixese frío!
E tanto nos ten suar aloumiños.
Seite de memoria e
gústame recitarte.
Que tipo de persoa produtiva es?
18 de xuño de 2015
![]() |
Ilustración tomada de 99u - de Oscar Ramos Orozco |
Encántanme os artigos sobre produtividade. Xa sei que están moi de moda e que lelos é síntoma de alta improdutividade, a maioría das veces, pero é raro non atopar un bo consello, unha boa reflexión ou unha boa estratexia neles.
Neste tema, o blog de referencia, para min, é 99u. As súas entradas sobre eficiencia, creatividade, produtividade, etc. adoitan ser atinadas e útiles. O outro día, concretamente, vin unha sobre os 4 tipos de estilos produtivos que identifica Carson Tate e compartina.
E, aquí, vou compartir de novo o seu contido, iso si, traducido.
Mississippi
15 de xuño de 2015
![]() |
Imaxe via Google Images (url) |
O chan era seco, amarelento, ermo
e estendíase alén de onde nos daba a vista.
Area con pingas de desexos verdes.
Chegamos cansos, vencidos, suorosos,
se cadra a algunha beira do Mississippi,
con máis pantasmas que recordos.
Work in progress: Mariñadas (III)
11 de xuño de 2015
Só me falta o marco.
Igual pensastes que o cadro do bonito, Mariñadas, quedou así como estaba en abril, pero non: só me falta o marco.
Armeime de uns cantos aparellos e por fin o din por rematado. Velaquí o resultado:
Igual pensastes que o cadro do bonito, Mariñadas, quedou así como estaba en abril, pero non: só me falta o marco.
Armeime de uns cantos aparellos e por fin o din por rematado. Velaquí o resultado:
Sargadelos
30 de abril de 2015
A fin de semana pasada estivemos na terriña celebrando o aniversario da avoa paterna. Baixo un ceo soédrego e con ameaza de choiva, despois dun señor xantar, decidimos baixar a paparotada cun paseíño ata a Fábrica de Sargadelos.
![]() |
Work in progress: Mariñadas (II)
28 de abril de 2015
Sigo cos pasiños que vou dando no cadro para o poema Mariñadas. Despois de dar por rematado o bonito e de darlle cor ao fondo, tocáballe o turno a unhas patiñas de calamar que asoman por baixo do peixe. Miña nai di que son patas de pulpo. Serán! Eu déixoo en tentáculos que forman parte da composición. A saber que hai agochado detrás do bonito...
Feliz día do libro!
23 de abril de 2015
![]() |
Incredible Book Eating Boy, de Oliver Jeffers |
Así comades libros como se vos limitades a lelos, hoxe será un bo día para vós.
Gustaríame que todos os días fosen o día do libro e gustaríame poder ler todo canto quero.
Se cadra sería máis fácil se puidese tragar os libros, pero prefíroo difícil.
"De onde o mar leva á nada", a miña aportación a O recanto das horas
22 de abril de 2015
![]() |
Rande (foto de Anxo Cabada) |
Esta marabillosa fotografía de Anxo Cabada é a que acompaña ao textiño que escribín para o amígo Ramón Nicolás e a sección O recanto das horas do seu blog Caderno da Crítica.
Artigo de opinión no Sermos Galiza
17 de abril de 2015
No Sermos Galiza en papel, publicado onte, podedes atopar esta reflexión miña. Porque, ás veces, mesmo reflexiono.
Todo, todo
Ultimamente sinto que leo
demasiado pouco. Sei que o meu pouco é o moito de alguén. Tamén sei que ás
veces as miñas lecturas son consideradas refugallos inmundos para quen se vangloria
da súa cultura. E sei que, outras veces, son consideradas ladrillos infumables
para quen fuxe da marca maléfica que seica deixa a cultura no pobo chan.
Porque seica, iso teño entendido,
hai cousas que é mellor non sabelas. Hai historias que é mellor agochar. Hai
libros que é mellor non ler. Hai linguas que é mellor non saber.
Work in progress: Mariñadas
15 de abril de 2015
Non me esquezo do primeiro "cadro grande" que me propuxen para este ano. Para quen non o saiba, hai un par de meses pedín axuda para escoller a que escrito deste blog adicarlle un cadro. O resultado publiqueino a finais de febreiro e nos bocetos de hai un mesiño puidestes ver a idea que pensei en utilizar (a da última imaxe).
Pois ben, a idea xa está trasladada a un lenzo e a cousa vai avanzando! Aquí vos deixo unha parte do proceso.
Pois ben, a idea xa está trasladada a un lenzo e a cousa vai avanzando! Aquí vos deixo unha parte do proceso.
Artigo na Traveler sobre o Casco Vello
13 de abril de 2015
Se cadra xa o vistes grazas a facebook ou twitter, pero nunca está de máis deixar constancia por estes lares: velaquí o meu artigo para a revista Traveler sobre o Casco Vello de Vigo. Botádelle un ollo, salivade e vémonos polos bares!
Dot: 60 - Quinielas
8 de abril de 2015
Desta volta, con motivo do 10º aniversario da Dot, que se di pronto, a Sergio deixáronlle escribir máis, así que eu fixen unha ilustración en vertical.
Aquí tedes* o progreso e o resultado. O texto de Sergio está aquí e, claro, na Dot:60.
Aquí tedes* o progreso e o resultado. O texto de Sergio está aquí e, claro, na Dot:60.
De cando me deitei nunha rocha
6 de abril de 2015
Ao pé do cole ao que ía de pequena había (non fun comprobar se aínda a hai, pero dubídoo moito) unha rocha grande. Era unha pena amarelenta, granítica, abondo lisa e cando facía sol estaba morna. Ao seu carón, na primavera, amoreábanse os dentes de león (mexacáns, seica) e coa herba verde brillante arredor a estampa era deliciosa.
Moitas tardes eu quedaba no cole mentres a miña nai remataba cousas do traballo. Un colexio ten infinitas aventuras, crédeme, dende a biblioteca ás aulas, pasando pola sala de profesores. O ximnasio adoitan pechalo, iso si, e por moito que daquela me fastiase agora teño que darlles a razón aos adultos. Non pechan sempre o cuarto da fotocopiadora. Aí o deixo.
Moitas tardes eu quedaba no cole mentres a miña nai remataba cousas do traballo. Un colexio ten infinitas aventuras, crédeme, dende a biblioteca ás aulas, pasando pola sala de profesores. O ximnasio adoitan pechalo, iso si, e por moito que daquela me fastiase agora teño que darlles a razón aos adultos. Non pechan sempre o cuarto da fotocopiadora. Aí o deixo.
E o elixido é...
27 de febreiro de 2015
Grazas a todos e todas as que votastes na entrada anterior para decidir que poema do blog debuxarei este mes!
O gañador é Mariñadas, co 44% dos votos. Xa vos dixen que a cousa estaba igualada: Os amores non se enfían queda segundo co 31% dos votos e Pasos queda con 25%. Para a próxima non vos toleo, prométoo, e sigo a orde desta votación :)
Irei subindo os bocetos e avances, a ver se estou á altura.
Polo resto... En só uns poucos días cubrín algún propósito de ano novo con dous libros (en efecto, Tes ata as 10 durou pouco máis da viaxe de ida) e visitei un par de sitios novos. O Pirineo recibiunos cheo de neve e, aínda que a ventisca non é moi desexable, as paisaxes deixáronme coa boca aberta día tras día.
Toca volver á realidade. Boa fin de semana!
O gañador é Mariñadas, co 44% dos votos. Xa vos dixen que a cousa estaba igualada: Os amores non se enfían queda segundo co 31% dos votos e Pasos queda con 25%. Para a próxima non vos toleo, prométoo, e sigo a orde desta votación :)
Irei subindo os bocetos e avances, a ver se estou á altura.
Polo resto... En só uns poucos días cubrín algún propósito de ano novo con dous libros (en efecto, Tes ata as 10 durou pouco máis da viaxe de ida) e visitei un par de sitios novos. O Pirineo recibiunos cheo de neve e, aínda que a ventisca non é moi desexable, as paisaxes deixáronme coa boca aberta día tras día.
Toca volver á realidade. Boa fin de semana!
Posta ao día dos propósitos de ano novo e unha petición
19 de febreiro de 2015
Lembrades que vos amosei unha lista máis ben optimista dos meus propósitos de ano novo?
Se cadra é algo cedo para ver como vou, pero quero pedirvos que me axudedes cunha cousiña e o caso é que vén a conto dos famosos propósitos.
Facer 1 debuxo ao mes é un dos propósitos aos que máis ganas lle teño. Tanto traballo, novas responsabilidades, cursos, escribir... Debuxar sae perdendo case sempre, e en xaneiro quedou relegado á ilustración da Dot e un regaliño. Febreiro escápaseme sen debuxo, pero quero poñerlle remedio:
Antes de que remate marzo, vou facer o debuxo de acompañamento dun escrito do histórico do blog.
Se cadra é algo cedo para ver como vou, pero quero pedirvos que me axudedes cunha cousiña e o caso é que vén a conto dos famosos propósitos.
Facer 1 debuxo ao mes é un dos propósitos aos que máis ganas lle teño. Tanto traballo, novas responsabilidades, cursos, escribir... Debuxar sae perdendo case sempre, e en xaneiro quedou relegado á ilustración da Dot e un regaliño. Febreiro escápaseme sen debuxo, pero quero poñerlle remedio:
Antes de que remate marzo, vou facer o debuxo de acompañamento dun escrito do histórico do blog.
Podedes axudarme a escoller de cal? (*Votación pechada)
Dot: 59 - Bolaño
2 de febreiro de 2015
O texto de Sergio Lagartija para a Dot:59 (xa dispoñible!) fala de Bolaño. E eu, como vos dixera, debuxei isto de aquí enriba.
Unha casiña ao pé do mar
30 de xaneiro de 2015
Hai uns días foi o aniversario dunha amiga e decidimos regalarlle unha sesión de fotos para que teña algún retrato molón para poñer na súa casiña nova, ao pé do mar.
Como o regalo en si non é moi bon de envolver, tocoume a min facer unha especie de "vale". E, claro, a casa e o mar non podían faltar.
Fixen un par de bocetiños (máis do que adoito facer, hehe) e desembocaron nun par de intentos.
Traballando: unha nova ilustración para a Dot
22 de xaneiro de 2015
Si, as fotos son tirando a malas (móbil e pouca luz fan estas cousas). Son terribles, vale. Pero o que quero con elas é deixar o proceso de creación, post-brainstorming, da ilustración que a principios do mes que vén acompañará o texto de Sergio Lagartija na Revista Dot.
Había tempo que non me tiraba ben de horas sombreando a modiño, co fuciño pegado ao papel, e logo coloreando á man con acuarelas, esperando pacientemente a que unha cor seque antes de intentar darlle detalles máis escuros.
Velaquí algunhas fotos (malérrimas, repito) do proceso. Pronto, a ilustración rematada!
Había tempo que non me tiraba ben de horas sombreando a modiño, co fuciño pegado ao papel, e logo coloreando á man con acuarelas, esperando pacientemente a que unha cor seque antes de intentar darlle detalles máis escuros.
Velaquí algunhas fotos (malérrimas, repito) do proceso. Pronto, a ilustración rematada!
Adornos para o pelo
9 de xaneiro de 2015
Un dos meus propósitos para 2015 é aprender a facer cousas novas, e unha desas cousas novas é esculpir figuriñas. O certo é que algo xa estiven practicando:
Hai meses fixen a primeira proba con este raposo para aneis e xusto antes de nadal puxen en práctica esta ideíña con pasadores do pelo que vedes nas fotos.
Para facelos, só se precisa arxila polimérica (como Fimo), pasadores de moño, pinturas acrílicas, pinceis e verniz. Bueno, e algo de maña, que as figuras son pequeniñas.
Propósitos para 2015
7 de xaneiro de 2015
Todas as vacacións propóñome non deixar de actualizar. Ás veces ríndome e poño un aviso. Outras veces, coma este ano, repítomo todos os días pero despois isto queda esquecido, canda as redes sociais e todo o que cheire pouco a vacacións.
Pero a volta é a volta e hai que poñerse firmes. Firmes e con propósitos, como ten que ser.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)