Para que serve o escenario da túa historia

Imaxe de Pixabay

Estiven un chisco desaparecida, seino. Foron sempre así as primeiras semanas de volta ao choio? Esquéceseme ben rápido...
O afastamento informático, de todos xeitos, non foi infrutífero e estiven a preparar unhas cantas entradas (ehem, notas en papel) para compartir con vós, seguindo un pouco o tema dos escenarios do que vos falei un chisco o outro día.

Comezo coa primeira, centrándome de novo na inspiración que nos ofrecen os lugares, reais ou imaxinarios e como empregalos nas nosas historias.

Palabras fermosas para o meu Feitizo de Sangue


de Xosé Carlos Caneiro, Fugas, La Voz,
No suplemento Fugas de La Voz de Galicia de hoxe, Xosé Carlos Caneiro adica unhas fermosas palabras a tres obras da editorial Galaxia: Cuestións vitais secretas, de Iván García Campos; As máscaras do profesor Robindra, de Xoán Babarro, e o meu Feitizo de Sangue.

Que vos vou dicir, estou agradecidísima polas palabras que lle adica ao meu libriño e por que atopase esas sementiñas de Galicia que deixei por Landereina adiante.


Podes ler a columna enteira neste enlace do blog de Editorial Galaxia.


Se aínda non coñeces Feitizo de Sangue, bota un ollo na sección As Crónicas de Landereina deste blog aquí.

O mundo regálanos escenarios

Glen Coe Lochan. Foto de A. Sáez.

Non todo o monte é ourego e non se pode atopar inspiración innovadora todos os días, pero mesmo as cousas máis mundanas, insignificantes ou case imperceptibles poden regalarnos ideas impagables.

E xa non vos digo se o que ve unha no mundo é unha paisaxe que move os sentimentos. Pode ser fermosa, tétrica, estraña, acolledora... E é que a inspiración está por todas partes. 

Vacacións!

Illa de Skye. Imaxe de Pixabay

Mañá, o Flaco e mais eu marchamos un días de vacacións a coñecer as terras de Escocia. Non sei se chegaremos a esa punta de Skye, pero imos dar unha voltiña pola capital, as Highlands e a costa oeste.  Despois de traballar todo agosto, sonvos merecidos estes días de descanso. O 16 de setembro volvo con máis contidos e (moi seguramente) inspiradísima!