Axexan nos tellados
e míranme non durmir.
Hai vida,
penso asombrada,
cando eu non estou.
Hai xente,
descubro na escuridade,
cando eu non son.
Mil metáforas do tempo
dinme que terei sono,
que elas non deixan de avanzar
e que
cando as semanas se fixeron minutos
me perdín polo camiño.
Dinme que terei gasolina para chegar
pero,
se cadra,
non estou no carril axeitado.
París: Día 1
26 de setembro de 2012
Crooked Teeth
5 de setembro de 2012
Outra de Death Cab for Cutie que non inspirou algo tan elaborado pero que ten unha estrofa que me encantou.
I'm a war of head verses heart
And it's always this way
My head is weak, my heart always speaks
Before I know what it will say
And it's always this way
My head is weak, my heart always speaks
Before I know what it will say
I will follow you into the dark
3 de setembro de 2012
Na praia, estiven escoitando algunha canción para ver que se me ocorría debuxar.
Escoitei moitas veces, sen cansar, este tema de Death Cab for Cutie do que vos deixo o video.
Inspirado nunha estrofa de I will follow you into the dark |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)