Bo Nadal! (con agasallo)


Parece que voaron os días neste inverno sen frío... E xa está aquí o Nadal, coas súas moi (moooi) merecidas vacacións.

Vou poñerme aos teclados con ahínco canto poida e tomarme as acostumadas vacacións do blog, tamén, pero desta volta, teño algo que ofrecervos!

Ilustración para a Dot:64


Sip. É repe. Pero é a ilustración da última Revista Dot deste ano 2015, que xa podedes ler aquí. 
Sergio Lagartija vai tomar unhas vacacións de escribir (a ver se lle veñen as musas!) e mentres non retorna, tómolle o relevo das palabras. Ás veces, como vedes, mesturadas na ilustración.

Vémonos no Culturgal?


Ando coa lingua de fóra e avísovos tarde das cousas, aínda que seguro que xa sabedes que dende hoxe se celebra en Pontevedra o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais.

Entre as moitas actividades da feira, está a mesa redonda sobre literatura de fantasía en galego organizada por Urco editora e na que participa xente moi interesante... e tamén eu :D

Mañá sábado, 5 de decembro, a partir das 16:45, no Espazo Libro, David Cortizo, Mario Regueira, Ángel Paz "Cano" e mais eu falaremos de autores/as, librarías e editoriais de literatura fantástica en Galicia.

Acompañádesnos?

NaNoWriMo 2015 >> 30 días [Fin da maratón!]

Banner oficial NaNoWriMo 2015

Pero para onde foi novembro!? Comecei a maratón novelística do NaNoWriMo 2015 non moi aló (psé-psé, por chamarlle algo), os seguintes días foime bastante mellor e os últimos días...