NaNoWriMo 2015 >> 20 días

Banner oficial NaNoWriMo 2015

20 días de reto. Os 10 primeiros non foron para botar cohetes, pero teño que admitir que, pasados outros 10, estou máis que contenta!

Non creo que vaia dar chegado ás 50.000 palabras antes de que remate o mes (a quen quero enganar?), pero o certo é que non vou tan mal como pensei que iría e que levo un bo ritmo. Estou que rebento de feliz!

Se lle facemos caso á miña táboa persoal, as palabras escritas dende que comezou o mes chegan xa ás 15.976:


Logo pego texto do que levo escrito polo mesmo valor de palabras na web de NaNoWriMo e sáenme 16.035. Chamádeme tola, pero vou quedar co número máis alto. He.


Resumindo: levo, en dúas semanas, o doble do que dera escrito en varios meses o resto do ano!

Poida que quede nas 30.000 palabras, ou  menos, pero síntome así:


O mellor destes días: 

  • Darme conta de que escribir ben máis de 1.500 palabras diarias non é tan difícil.
  • Ver como se van aclarando finais, tramas e esceas só con tirar para adiante (i.e. sen rallarme por detalles que se poden ver despois na revisión).
  • Ver a luz ao final do túnel e que o meu plan de rematar a novela antes de que 2015 toque ao seu fin é, de verdade, posible (ollo, que logo toca revisar, reescribir e revisar tropocentas veces máis, relendo os libros 1 e 2, pero, oiga, yes, we can).

Xa estou pensando en seguir retándome para as seguintes novelas. Por agora, deste novembro de reto quedan poucos días. O 1 de decembro cóntovos como acabei a maratón.


Ningún comentario

Cóntame!