Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

Adornos para o pelo


Un dos meus propósitos para 2015 é aprender a facer cousas novas, e unha desas cousas novas é esculpir figuriñas. O certo é que algo xa estiven practicando:

Hai meses fixen a primeira proba con este raposo para aneis e xusto antes de nadal puxen en práctica esta ideíña con pasadores do pelo que vedes nas fotos.

Para facelos, só se precisa arxila polimérica (como Fimo), pasadores de moño, pinturas acrílicas, pinceis e verniz. Bueno, e algo de maña, que as figuras son pequeniñas.

Propósitos para 2015


Todas as vacacións propóñome non deixar de actualizar. Ás veces ríndome e poño un aviso. Outras veces, coma este ano, repítomo todos os días pero despois isto queda esquecido, canda as redes sociais e todo o que cheire pouco a vacacións.

Pero a volta é a volta e hai que poñerse firmes. Firmes e con propósitos, como ten que ser.

Bonecos de Nadal



Ás veces, os regalos para os nenos facémolos máis por nós que por eles. Case sempre, diría eu. No meu caso, polo menos: a motivación que teño cos regalos para os sobriños é inquedante...

Hai meses vin esta casiña de bonecas e pensei en Elsa inmediatamente. Logo vin exemplos de personiñas de madeira pintadas e pensei que isto o había que probar... e as dúas cousas encaixan á perfección!