Ilustracións para a Dot:61, 62 e 63


Esta semana fago unha pausiña nas notas sobre a escritura para volver á ilustración. Déradesvos conta de que non publiquei as ilustracións da Dot:61 nin da Dot:62? Eu tampouco. Glups.

Como vén de saír a Dot:63, aproveito a ocasión e colgo as tres xuntas, que tampouco pasa nada.


A ilustración que encabeza este post é a do segundo número de verán, o Dot:62, e a miña favorita das tres, para que mentir, a pesar de que me custou atopar a inspiración.


Estoutra corresponde ao número Dot:61. A idea veu máis fácil, pero a miña mestría co lápiz deixa algo que desexar. Iso si, alégrome de tela feito sen ningún retoque dixital: todo acuarela e lápiz.

Por último, déixovos a deste mes, a Dot:63 que podedes ler aquí. E non, non quedei moi contenta e esta si que é toda (agás o boceto do que parto, claro), todiña dixital. E nótase. Ainsh. Como se nota cando unha ten tempo e ideas, verdade?


Ningún comentario

Cóntame!