Se cadra é algo cedo para ver como vou, pero quero pedirvos que me axudedes cunha cousiña e o caso é que vén a conto dos famosos propósitos.
Facer 1 debuxo ao mes é un dos propósitos aos que máis ganas lle teño. Tanto traballo, novas responsabilidades, cursos, escribir... Debuxar sae perdendo case sempre, e en xaneiro quedou relegado á ilustración da Dot e un regaliño. Febreiro escápaseme sen debuxo, pero quero poñerlle remedio:
Antes de que remate marzo, vou facer o debuxo de acompañamento dun escrito do histórico do blog.
Velaquí as opcións:
E, por contar un chisco, o resto de propósitos van así:
Dos libros que quero escribir aínda é pronto para falar, pero, obviamente, é unha das tarefas máis importantes para este ano, sobre todo o remate das Crónicas. Tampouco aprendín moitas cousas novas, pero son 10, hai tempo (e xa teño na casa os kits para aprender caligrafía e encadernación). Se cadra o de facer álbumes de fotos pode incluírse aquí... pero tampouco pasou aínda :D
O de facer deporte 2 veces á semana díxeno en serio? Si? Ah, pois aí non vou guai, non. Vou mellor no de escribir algo todos os días, ou moito uns días e pouco ou nada outros, pero estou facendo un curso e estou escribindo abondo.
Aínda non visitei sitios novos, pero xa conto con 2 para a lista: mañá marcho a Pamplona e de aí a Lanuza (Formigal). Se non volvo, é que gañou a neve.
No pouco ambicioso obxectivo de ler 10 libros, direi que levo 1 (a adaptación de Neverwhere a novela gráfica), pero a viaxe ben sei que ha dar para un ou dous máis. Vou comezar con Tes ata as 10, e conto con que sexa un pasapáxinas que dure voo e medio.
Ningún comentario
Cóntame!