Boa viaxe
19 de decembro de 2014
A semana pasada estiven en Barcelona.
Voei para aló o martes que tanto vento fixo e o descenso ao aeroporto foi de infarto. Eu fixen coma que ía tranquila e seguín lendo. Ás veces son moi de aparentar.
Iso foi despois de tirar esta foto do Mediterráneo. O mar ao que eu sempre chamei "sopa" semellaba o meu Cantábrico do revolto que estaba, non digo máis.
Tanto ten a que fun (pero, se vos interesa, podedes buscarme por aquí, para vos rir de min, sairá pronto, non sei que día aínda, se cadra hoxe?). O importante é que aproveitei para visitar a miña prima e coñecer o barrio de Gràcia.
Pasámolo moi ben. E logo, como non, coma sempre na miña experiencia con xente de Cataluña, estando con oriundos, xordeu o tema da lingua. Sempre está ben compartir experiencias e ideas, sorprenderse coas diferenzas.
Bonecos de Nadal
16 de decembro de 2014
Ás veces, os regalos para os nenos facémolos máis por nós que por eles. Case sempre, diría eu. No meu caso, polo menos: a motivación que teño cos regalos para os sobriños é inquedante...
Hai meses vin esta casiña de bonecas e pensei en Elsa inmediatamente. Logo vin exemplos de personiñas de madeira pintadas e pensei que isto o había que probar... e as dúas cousas encaixan á perfección!
The Man Who Rained
13 de decembro de 2014
–Como vou estar namorada? Vimos de coñecernos. Nin sequera se me ocorre como... se... podería achegarme a el.
Dot tiña os ollos entrepechados.
–Mírao así: unha das cousas terroríficas da miña vida é que me pertence a min. Nunca se viviu antes, nin se volverá a vivir. Cada segundo é unha posesión nova.
–Volve a falar con xeroglíficos.
–E ti volves a non contestar a pregunta.
–Que pregunta?
–Estás namorada del?
–Pódese demostrar que o amor non é máis ca unhas substancias químicas e mais electricidade no cerebro.
–Claro que se pode, pero iso non che axuda a te enfrontar ao amor. Estás namorada del?
–E se non podo responder?
Dot encolleuse de ombros.
–Pérdete, Elsa. É o mellor consello que che han poder dar, e teño a sensación de que o teu pai estaría de acordo. Agora, marcha.
Dot: 58 - palabras y letras y sílabas
4 de decembro de 2014
Por se non o sabiades, xa está na rúa a nova Dot: 58 e, coma sempre, nela, a miña ilustración para o relato de Sergio Lagartija. Desta volta, un amago de collage. Logo haberá que varrer esas palabras...
NaNoWriMo >> Fin da maratón
2 de decembro de 2014
Como non me gusta deixar estas cousas a medias, véxome na obriga de facer a reflexión final ao reto NaNoWriMo. Aquí tedes a entrada de cando me poñía, toda motivada, o reto; aquí, a de cando pasaran 5 días e aínda vía posiblidades, e esta é a de 20 días despois, sabendo que ía moi malamente pero coa ilusión de ter aprendido.
O certo é que cando se fai unha maratón hai que entrenar. E non quero dicir que debera ter escrito a reo durante os meses anteriores, pero si que me debería ter preparado para a ocasión, deixando outras cousas de lado durante este mes (no canto de pintar cadros, facer postais, revisar libros e esas cousas :P).
Con todo, coñecer a experiencia, aprender as leccións necesarias, descubrir os meus límites e carencias, ademais de ferramentas que sei que aprenderei a aproveitar a partir de agora, saber que é posible... todo iso, mereceu a pena.
Para o ano intentareino de novo. Así que teño 11 meses para entrenar.

Categorías:
escribir,
inspiración,
nanowrimo,
notas
60!
1 de decembro de 2014
Esta fin de semana fumos a Cervo para celebrar o cumpleanos do meu pai. 60 anos! Un chaval, vaia.
Aínda que sexa un chaval, os 60 son unha cifra redonda e bonita de máis como para non celebrala de xeito especial, así que nos xuntamos todos os que puidemos e fixemos unha comida de agárrate (por respeto, diso non vos poño fotos, pero mamaíña que rodaballos e que xabarín... xabarín! Ai, que volvo salivar...).
Para celebralo, tamén, quixemos facerlle un agasallo especial, así que os últimos meses estiven, pouco a pouco, traballando nunha revisión dun boceto que andaba polas miñas carpetas hai máis de dez anos. E logo envolvímolo ben, claro :)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)