Imaxe de Pixabay |
Cando vos falei das ferramentas para planificadores/as, amoseivos un pantallazo do arquivo tipo Excel que emprego a través de Google Drive para levar conta das palabras que levo escritas e das que me quedan. É un arquivo que me resulta útil e que quero compartir con vós.
Durante estes días de ausencia, non só lle fixen cambios de imaxe ao blog, senón que estiven preparando o meu primeiro descargable: a folla de produtividade da que vos falei.
Púxena algo máis bonita, engadín explicacións e xa está lista para descarga nesta nova páxina do blog ("tenda", por chamarlle algo).
(EDITADO 05/2017: Veño de eliminar a páxina de "tenda" do menú dado que me parece inútil ter unha páxina para unha soa descarga, así que podedes atopar o descargable aquí abaixo. Se engado máis descargables, terán a etiqueta "descargable" correspondente).
Podedes descargar os arquivos en formato Excel (.xlsx) tanto en galego como en castelán (dádelle uns segundos á descarga dende que premedes no enlace).
Un excel sinxelo que te guía para medir a túa produtividade.
Permite fixar un obxectivo de data e número de palabras e facer un seguimento dos teus progresos (pero lembra que o importante é disfrutar!).
Descarga gratuíta: [Excel Galego] [Excel Castelán]
Se tedes algún problema coas táboas, algunha dúbida ou algunha suxestión, non esquezades que podedes contactar comigo aquí. Espero que vos resulte útil!
Se tedes algún problema coas táboas, algunha dúbida ou algunha suxestión, non esquezades que podedes contactar comigo aquí. Espero que vos resulte útil!
Ningún comentario
Cóntame!