Lin nalgures, non lembro onde, que cando creamos un mundo imaxinario
as normas que podemos romper son limitadas. Se rompemos con todo, é posible que ao noso público lle custe comprender ese mundo que estamos inventando ou mesmo que non sexamos quen de ser abondo coherentes co que estamos a fabricar (por exemplo, un mundo sen gravidade, con monstros e cun tempo distinto ao noso require cerebro de máis para lle atender ao resto da historia, non si?).
Isto vén sendo porque a realidade, tal e como nos afecta, nos obriga a buscar a súa
lóxica. Por iso, se a nosa historia se desenvolve nun mundo diferente, novo, estraño, debemos darlle todas as dimensións e aspectos necesarios para que sexa
completo e creíble. E aquí vou contarche
como se pode facer.