Sigo cos pasiños que vou dando no cadro para o poema
Mariñadas. Despois de
dar por rematado o bonito e de darlle cor ao fondo, tocáballe o turno a unhas patiñas de calamar que asoman por baixo do peixe. Miña nai di que son patas de pulpo. Serán! Eu déixoo en
tentáculos que forman parte da composición. A saber que hai agochado detrás do bonito...
|
Coas cores planas parece Patricio. Momento pánico. |
|
Máis cores, sombras, esponxiñas con cor por aquí e acolá... |
|
... E así está a cousa :) |
Agora vén a parte divertida: ir aos efectos navais a por redes, anzois, poteiras... E ver que aqueloutra esta cabeciña.
Boa fin de semana!
loading..
Ningún comentario
Cóntame!