Pasos

Foto de Sabela González

Damos pasos xuntos
un pé diante do outro
e só sabemos xuntar as mans dun xeito.

Damos pasos xuntos
camiñamos
pola rúa e a metáfora
e só sabemos rir a gargalladas.

Damos pasos xuntos
un pé diante do outro
pola metáfora
e só sabemos xuntar as mans a gargalladas.

Outro "work in progress" (II)

Ontes xa vos amosei o paso a paso da ilustración que lle estou facendo a unha amiga. E hoxe haberá que rematala antes de marchar de fin de semana! Seguimos coloreando!



Outro "work in progress"

Estoulle facendo unha ilustración á miña amiga Marta para un agasallo que vai facer e quero compartir o paso a paso. Vaia por diante que nin son profesional da ilustración nin controlo abondo das ferramentas que hai para facer algo mellor, pero a falta de coñecementos de Illustrator (xa me gustaría) imos tirando de Photoshop así:

Primeiro escaneando un boceto feito a lápiz:


Logo trazando por enriba. Normalmente trazo a tinta á man, pero desta vez quixen probar a trazar no ordenador da única forma que sei: marcando os puntos de áncora e contorneando parte a parte, por se acaso. Primeiro a meniña, Alice:

Un señor con zancos

Ilustración de Sabela González

Esta é a ilustración que acompaña o texto de Sergio Lagartija na revista Dot de agosto e setembro. Este novo número está ao caer, non deixedes de velo ou descargalo! E se non recibides o boletín semanal non sei a que raio estades esperando...

ACTUALIZACIÓN: Xa está dispoñible en formato electrónico aquí e en papel nos puntos de distribución habituais! 


Pianos e qwertys

Foto: Sabela González
 Alguén creu boa idea ensinarme piano.
Digo ensinar e non digo aprender moi conscientemente.

Alguén, agora seino,
trabucárase de teclado.

Empecei bum-bum, coa máquina de escribir,
aguilucho de uña retorta,
letra a letra,
e o procesador de texto fluorescente faloume de Paquita a aviadora.
Onde quedou Paquita!
Co pelícano de Calahorra e a Oca Cotilla, supoño.


Un fogar

Foto: Iria González

gústame tremer de contenta
e sorrir sen saber por que.
nos tempos que corren, non é cousa fácil.
é maior,
entón,
o orgullo de dar sentido felicidade.
lembrade, sempre, que esta non é un fin
senón un fogar.

O máis difícil

É máis sinxelo escribir de corazóns rotos ca de corazóns inteiros.
Escribir de cerebros e páncreas, de riles e de pulmóns, debe de ser o máis difícil.
Pero eu lévote aí,
en todos os órganos,
filtrándome o sangue en cañas de verán,
estourándome as neuronas en fogos artificiais,
respirándome pel de pomelo nos bronquiolos máis profundos.
É que eu non te levo no corazón,
que non me dá.
Lévote baixo a pel a todas as viaxes,
lévote nos ósos en todos os momentos.

Se este é o día


Foto: Sabela Glez. - Berenguela, Compostela, abril de 2012

Se este é o día
esta son eu
cránio de pedra e corazón mol
resgardado
nas paredes de xilófono
contra as que batín mil cuncas de lata.

Se este é o día
esta son eu

pel inquisitiva e músculo morno
estourando
na carcasa de temores
contra a que bate o vento.

Se este é o día
este es ti
e seralo todos os días
ata que as pedras sexan area
e os reloxios esquezan o son das campás.