Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións

Ilustración para a Dot:73


Coma quen non quere a cousa, aló van un par de meses e chega unha nova Dot.  E eu fago unha breve aparición para vos deixar aquí a miña ilustración e texto ao que acompaña.

Ilustración para a Dot:72 + Ilustradots Vol. 2


Mesmo se aínda lle faltan uns días para saír á rúa, tráiovos hoxe a ilustración e o poema para a Dot:72 e así aproveito para vos falar do proxecto Ilustradots Vol. 2.

Ilustración para a Dot:71


Por primeira vez nuns 6 ou 7 anos vinme na obriga de repetir unha ilustración para a Dot. O tempo pasa a un ritmo distinto e errático durante o comezo da maternidade, parece ser, e aínda teño que aprender a atrapalo e manexalo.

Ilustración para a Dot:70



Se me seguides no Facebook, Twitter ou Instagram xa veriades que teño un bo motivo para tomar as cousiñas con calma e esquecerme un pouco da vida online. Un motivo precioso, feitiño e amorosísimo, vaia por diante.

Con todo, a vida segue aí fóra e non quero deixar de compartir con vós as novas habituais (e as non habituais, por se alguén lle esqueceu que Sangue de Lúa xa está na rúa, ehém...), como o é unha nova Revista Dot, a número 70 desta volta, quentiña e preparada para despedir o ano! Podes ler a Dot:70 enteira aquí.

Ilustración para a Dot:69


Aínda que o enlace para ler a revista non está publicado aínda na web da Revista Dot, o domingo fíxenme co meu exemplar en papel do número 69, polo que vos traio a ilustración que fixen para el.

Ilustración para a Dot:68


Chega agosto, eu celebro o meu cumple e sae unha nova Dot. Funciona así :)
Desta volta cadroume facer a ilustración en momento de resaca post-electoral así que quixen recuperar un texto que titulei O peso do mundo, aló polo 2012.

60! (II)


Os meus pais póñense de acordo para cumprir cifras importantes a tempo para que lles adique algún libro, ou iso parece. En 2014, o meu pai cumpriu 60 anos (podes ver o seu agasallo aquí) e caeu a tempo para que Feitizo de Sangue levase a merecida adicatoria. Este 15 de xullo tocoulle a miña nai cumprilos e, como Sangue de Lúa está xa no forno, non creo que lle sexa de sorpresa a adicatoria :).

Ilustración para a Dot:67

Saio do esquecemento para traervos a miña ilustración e poema para a Dot:67. 
Este dibuxiño, que mestura lápiz, tinta e acuarela con retoques dixitais, é o complemento ao pequeno poema-homenaxe que lle escribira á miña irmá, Iria, aló polo 2013 e que podes ler aquí.

E si, o que hai a carón de Iria é unha pirámide. E eu mándolle unhas folliñas verdes que arrecenden a mar a ver se lle dá morriña e volve dunha vez (he, he).

Ata pronto!

Velaquí o enlace para ler a revista completa.

Ilustración para a Dot:66


Como pasa o tempo! Xa estamos en abril e xa está na rúa unha nova Dot, a Dot:66 que podes ler completa neste enlace. 

A miña ilustración para este número é esta que vedes aí arriba e vén a conto dun poemiña de hai un par de anos que podedes ler aquí (ou na revista, xa postos).

Xa que estou: feliz primavera!

Ilustración para a Dot:65


Xa está na rúa a Dot:65 e, nela, de novo, un debuxo-poema meu. Este tamén é repe, pero a verdade é que me gusta bastante.
Estou xa cavilando para a seguinte ilustración, e penso que desta vez o texto irá fóra. A darlle á cabeza (e ao lápiz) toca.
Lembrade que tedes todo sobre a Revista Dot neste enlace, o número 65 completo aquí e que podedes estar ao día de todo a través do seu facebook e twitter.

Ilustración para a Dot:64


Sip. É repe. Pero é a ilustración da última Revista Dot deste ano 2015, que xa podedes ler aquí. 
Sergio Lagartija vai tomar unhas vacacións de escribir (a ver se lle veñen as musas!) e mentres non retorna, tómolle o relevo das palabras. Ás veces, como vedes, mesturadas na ilustración.

Ilustracións para a Dot:61, 62 e 63


Esta semana fago unha pausiña nas notas sobre a escritura para volver á ilustración. Déradesvos conta de que non publiquei as ilustracións da Dot:61 nin da Dot:62? Eu tampouco. Glups.

Como vén de saír a Dot:63, aproveito a ocasión e colgo as tres xuntas, que tampouco pasa nada.

Work in progress: Mariñadas (III)

Só me falta o marco.
Igual pensastes que o cadro do bonito, Mariñadas, quedou así como estaba en abril, pero non: só me falta o marco.

Armeime de uns cantos aparellos e por fin o din por rematado. Velaquí o resultado:


Work in progress: Mariñadas (II)

Sigo cos pasiños que vou dando no cadro para o poema Mariñadas. Despois de dar por rematado o bonito e de darlle cor ao fondo, tocáballe o turno a unhas patiñas de calamar que asoman por baixo do peixe. Miña nai di que son patas de pulpo. Serán! Eu déixoo en tentáculos que forman parte da composición. A saber que hai agochado detrás do bonito...

Work in progress: Mariñadas

Non me esquezo do primeiro "cadro grande" que me propuxen para este ano. Para quen non o saiba, hai un par de meses pedín axuda para escoller a que escrito deste blog adicarlle un cadro. O resultado publiqueino a finais de febreiro e nos bocetos de hai un mesiño puidestes ver a idea que pensei en utilizar (a da última imaxe).

Pois ben, a idea xa está trasladada a un lenzo e a cousa vai avanzando! Aquí vos deixo unha parte do proceso.

Dot: 60 - Quinielas

Desta volta, con motivo do 10º aniversario da Dot, que se di pronto, a Sergio deixáronlle escribir máis, así que eu fixen unha ilustración en vertical.

Aquí tedes* o progreso e o resultado. O texto de Sergio está aquí e, claro, na Dot:60.

Dot: 59 - Bolaño

 O texto de Sergio Lagartija para a Dot:59 (xa dispoñible!) fala de Bolaño. E eu, como vos dixera, debuxei isto de aquí enriba.

Unha casiña ao pé do mar

Hai uns días foi o aniversario dunha amiga e decidimos regalarlle unha sesión de fotos para que teña algún retrato molón para poñer na súa casiña nova, ao pé do mar. 

Como o regalo en si non é moi bon de envolver, tocoume a min facer unha especie de "vale". E, claro, a casa e o mar non podían faltar.

Fixen un par de bocetiños (máis do que adoito facer, hehe) e desembocaron nun par de intentos. 


Traballando: unha nova ilustración para a Dot

Si, as fotos son tirando a malas (móbil e pouca luz fan estas cousas). Son terribles, vale. Pero o que quero con elas é deixar o proceso de creación, post-brainstorming, da ilustración que a principios do mes que vén acompañará o texto de Sergio Lagartija na Revista Dot.

Había tempo que non me tiraba ben de horas sombreando a modiño, co fuciño pegado ao papel, e logo coloreando á man con acuarelas, esperando pacientemente a que unha cor seque antes de intentar darlle detalles máis escuros.

Velaquí algunhas fotos (malérrimas, repito) do proceso. Pronto, a ilustración rematada!

Dot: 58 - palabras y letras y sílabas


Por se non o sabiades, xa está na rúa a nova Dot: 58 e, coma sempre, nela, a miña ilustración para o relato de Sergio Lagartija. Desta volta, un amago de collage. Logo haberá que varrer esas palabras...