 |
Non, eu non son a morsa, como di no título, pero non puiden evitar facer a referencia. |
Hai días (tardes) que sento a escribir e a cousa sae fácil.
Pásanme as imaxes desa
Landereina miña pola cabeza coma se estivese a lembrar unha película. Cando descanso ou paro un anaquiño, a escena na que estou quédaseme en "pause" na fronte e só prosigue cando as mans se pousan no teclado de novo.
Eses días molan. Son días moi produtivos, e a satisfacción ao ver, ao final da xornada, o tempo invertido ou as páxinas resultantes é inmensa.