A morte e o desastre

Ela vomitaba de noite polas esquinas agardando que alguén lle termara do cabelo.

El espertara un día coa certeza absoluta de que morrería novo.

Mentres ela pasaba as noites intentando afogar en copas baratas,
el cruzaba as rúas sen mirar para axudar ao seu destino.

Aquela noite atopouna abrazada a unha maceta enorme das que hai nas beirarrúas.
No canto de volver cruzar, parou onda ela.
Apartoulle o cabelo do rostro, xa impregnado en vómito líquido de alcohol e bebidas gaseosas.

Ela recoñeceu o seu ansiado símbolo do amor verdadeiro
e logo desexou morrer de vergonza.
El pensou que, se cadra, ela morrería nova pero non o sentira.


Marcharon xuntos da man, compartindo as eses dela e os cruces arriscados del,
e chegaron sans e salvos á casa dela.

"Eu vou morrer novo", confesou el.
"Eu xa morrín", respondeu ela.

Fixeron o amor, primeiro como estraños,
despois como namorados,
logo coma nunha película porno.

Fixérono durante anos,
comeron só espaguetis con tomate,
beberon só auga do grifo
e un día naceulles un fillo con forma de mexillón
ao que quixeron coma se tivese forma de flor.

Logo, esqueceron morrer durante décadas.

12 comentarios

  1. A unión de dous derrotados tamén pode ser unha boa forma de sobrevivir.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Que fermoso...
    Voltarei por aquí. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Por que te prodigas tan pouco, co agradable que resulta lerte??

    ResponderEliminar
  4. Beluka felicidades por el día de la mujer.. un abrazo!

    ResponderEliminar
  5. Bueno, yo venía a decirte lo mismo que Anónimo.

    Siento repetirme ;)

    Abrazo, muñeca.

    ResponderEliminar
  6. Dando voltas cheguei ata aquí. Encantoume a historia, a veces os derrotados únense para acadar unha gran victoria: saber que non están sós, que pouco lles queda por perder e que quizais lles quede a felicidade por gañar.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  7. encántame o teu blog!
    colócoche entre os meus blogs para visitarte a meudo!
    saludo!

    ResponderEliminar
  8. Gústame a historia. Aínda non teño claro se son dous anti-heroes dos que admiraría, pero verso a verso vanse facendo querer.
    Parabéns.

    ResponderEliminar
  9. prometo actualizar pronto, lo prometo! :)

    :*

    ResponderEliminar

Cóntame!