Grazas a todos e todas as que votastes
na entrada anterior para decidir que poema do blog debuxarei este mes!
O gañador é Mariñadas, co 44% dos votos. Xa vos dixen que a cousa estaba igualada:
Os amores non se enfían queda segundo co 31% dos votos e
Pasos queda con 25%. Para a próxima non vos toleo, prométoo, e sigo a orde desta votación :)
Irei subindo os bocetos e avances, a ver se estou á altura.
Polo resto... En só uns poucos días cubrín algún propósito de ano novo con dous libros (en efecto,
Tes ata as 10 durou pouco máis da viaxe de ida) e visitei un par de sitios novos. O Pirineo recibiunos cheo de neve e, aínda que a ventisca non é moi desexable, as paisaxes deixáronme coa boca aberta día tras día.
Toca volver á realidade. Boa fin de semana!