Imaxe via Google Images (url) |
O chan era seco, amarelento, ermo
e estendíase alén de onde nos daba a vista.
Area con pingas de desexos verdes.
Chegamos cansos, vencidos, suorosos,
se cadra a algunha beira do Mississippi,
con máis pantasmas que recordos.
A madeira apodrecida e os dentes do recepcionista
esquecidos baixo un bigote húmido
aumentaron a túa preocupación.
Buscaches a saída cos ollos,
deixaches o corpo no sitio.
Non, meu amor, eu tampouco me fío.
Pero as avoas virán declarar en breve.
No xuízo perdido dun soño de verán,
fuxiriamos nun DeLorean cara ao solpor
co tempo roubado a tres vellas bruxas.
No soño máis estraño de maio,
chegamos cansos, vencedores e suorosos,
á beira contraria dunha cama desfeita.
Fermosos versos con sabor a deserto, area, po e western
ResponderEliminarGrazas :)
Eliminar