NaNoWriMo >> Fin da maratón

Como non me gusta deixar estas cousas a medias, véxome na obriga de facer a reflexión final ao reto NaNoWriMo. Aquí tedes a entrada de cando me poñía, toda motivada, o reto; aquí, a de cando pasaran 5 días e aínda vía posiblidades, e esta é a de 20 días despois, sabendo que ía moi malamente pero coa ilusión de ter aprendido.

O certo é que cando se fai unha maratón hai que entrenar. E non quero dicir que debera ter escrito a reo durante os meses anteriores, pero si que me debería ter preparado para a ocasión, deixando outras cousas de lado durante este mes (no canto de pintar cadros, facer postais, revisar libros e esas cousas :P).

Con todo, coñecer a experiencia, aprender as leccións necesarias, descubrir os meus límites e carencias, ademais de ferramentas que sei que aprenderei a aproveitar a partir de agora, saber que é posible... todo iso, mereceu a pena. 

Para o ano intentareino de novo. Así que teño 11 meses para entrenar.

Ningún comentario

Cóntame!