Postais de Nadal

Poida que sexa cedo para falar do Nadal, pero estas cousas hai que preparalas con tempo! Así que aquí vos presento as miñas postais de Nadal. Tadáaa!

Fixen unhas cantas para repartir entre familia e amigos PEEEERO fixen de máis para que, se vos gustan e andades por Vigo, poidades mercalas en Pulgar de Elefante (unha tenda preciosísima que tedes que coñecer, aquí está!). Se queredes algunha pero Vigo vos queda lonxe, avisádeme!

Están impresas en papel verxurado, tamaño A5 e veñen cun sobriño de cor :) Espero que vos gusten!

NaNoWriMo >> Día 20 >> Leccións aprendidas


 Van 20 días de NaNoWriMo e a que subscribe debe de ir á cola da carreira. Mentres escribo estas liñas, o meu cómputo de palabras é de 5.692. Psé. Pero é algo.

Cousas que leo


O do vicio cos libros é un problemón.
Logo dicimos da xente con moita roupa no armario ou con centos de pares de zapatos pero, se che gusta ler, bota un ollo á túa casa e pensa se non te estarás pasando con tanto libro.

Non?
Xap. Eu tampouco.

NaNoWriMo >> 5 días despois

Falábavos na anterior entrada do reto NaNoWriMo. Collino con moitas, moitas ganas e estiven facendo garabatos con personaxes, posibles argumentos e esas cousas. Pero o mes comeza en fin de semana e as fins de semana sonvos o demo! E máis o demo aínda foi o catarrazo que pillei, que me tivo co cerebro anulado ata onte, 5º día xa de novembro!