Amosando publicacións coa etiqueta crafty b>. Amosar todas as publicacións
Adornos para o pelo
9 de xaneiro de 2015
Un dos meus propósitos para 2015 é aprender a facer cousas novas, e unha desas cousas novas é esculpir figuriñas. O certo é que algo xa estiven practicando:
Hai meses fixen a primeira proba con este raposo para aneis e xusto antes de nadal puxen en práctica esta ideíña con pasadores do pelo que vedes nas fotos.
Para facelos, só se precisa arxila polimérica (como Fimo), pasadores de moño, pinturas acrílicas, pinceis e verniz. Bueno, e algo de maña, que as figuras son pequeniñas.
Bonecos de Nadal
16 de decembro de 2014

Ás veces, os regalos para os nenos facémolos máis por nós que por eles. Case sempre, diría eu. No meu caso, polo menos: a motivación que teño cos regalos para os sobriños é inquedante...
Hai meses vin esta casiña de bonecas e pensei en Elsa inmediatamente. Logo vin exemplos de personiñas de madeira pintadas e pensei que isto o había que probar... e as dúas cousas encaixan á perfección!
Postais de Nadal
25 de novembro de 2014
Poida que sexa cedo para falar do Nadal, pero estas cousas hai que preparalas con tempo! Así que aquí vos presento as miñas postais de Nadal. Tadáaa!
Fixen unhas cantas para repartir entre familia e amigos PEEEERO fixen de máis para que, se vos gustan e andades por Vigo, poidades mercalas en Pulgar de Elefante (unha tenda preciosísima que tedes que coñecer, aquí está!). Se queredes algunha pero Vigo vos queda lonxe, avisádeme!
Están impresas en papel verxurado, tamaño A5 e veñen cun sobriño de cor :) Espero que vos gusten!
Máis selos
19 de abril de 2013
Pois intentei o que vos contaba, e penso que non quedou mal o resultado... Velaquí o selo co "logotipo" (ten que ir entre aspas, non hai que esaxerar) deste bloguiño meu:
Selos caseiros
12 de abril de 2013

O mes pasado apunteime a un curso de carvado de selos (así lle chaman, carvar!) na Craftytienda, na rúa Ecuador de Vigo. A tendiña está moi linda e teñen cousas de manualidades e fan talleres, aínda que a maioría de ganchillar e facer cousas con las e fíos, algo que a min, simplificando, se me da tirando a mal (por non dicir fatal).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


