Amosando publicacións coa etiqueta lugares. Amosar todas as publicacións

O mundo regálanos escenarios

Glen Coe Lochan. Foto de A. Sáez.

Non todo o monte é ourego e non se pode atopar inspiración innovadora todos os días, pero mesmo as cousas máis mundanas, insignificantes ou case imperceptibles poden regalarnos ideas impagables.

E xa non vos digo se o que ve unha no mundo é unha paisaxe que move os sentimentos. Pode ser fermosa, tétrica, estraña, acolledora... E é que a inspiración está por todas partes.