Non me esquezo do primeiro "cadro grande" que me propuxen para este ano. Para quen non o saiba, hai un par de meses
pedín axuda para escoller a que escrito deste blog adicarlle un cadro.
O resultado publiqueino a finais de febreiro e nos bocetos de hai un mesiño
puidestes ver a idea que pensei en utilizar (a da última imaxe).
Pois ben, a idea xa está trasladada a un lenzo e a cousa vai avanzando! Aquí vos deixo unha parte do proceso.
 |
Thunnus alalunga Bonaterre. Seica. |
 |
Con medio acrílico e un peine as aletas parecen máis aletas. |
 |
Branco de recheo para ver se a cousa vai collendo forma. |
 |
Bonito de ollo hipnotizante... |
 |
As aletas xa lle dan outro aire. |
 |
Coa cabeciña rematada. Aínda que se cadra sorrí de máis... |
 |
Bonito fresco! |
Non lembro a última vez que intentara pintar á man sen cores planas, procurando un chisco de realismo, e a verdade é que estou máis que contenta. O seguinte paso é darlles cor a unhas patas de calamar que asoman por aí embaixo.
Seguiremos informando!
loading..
Ningún comentario
Cóntame!