Lecturas de 2016 (II)


Non poido deixar ir o ano sen pechar as miñas lecturas de 2016 (bota un ollo aquí á primeira parte da lista). Dende que naceu Julián non abrín un só libro, pero penso que, con 17 lidos ata agora, me acheguei bastante ao meu obxectivo de 20 libros este ano. Tendo en conta a pedazo tarefa de coidar dunha persoa nova, non me parece que o fixese tan mal! :D

Lembra que podes seguir todas as miñas lecturas en Goodreads.

Ilustración para a Dot:70



Se me seguides no Facebook, Twitter ou Instagram xa veriades que teño un bo motivo para tomar as cousiñas con calma e esquecerme un pouco da vida online. Un motivo precioso, feitiño e amorosísimo, vaia por diante.

Con todo, a vida segue aí fóra e non quero deixar de compartir con vós as novas habituais (e as non habituais, por se alguén lle esqueceu que Sangue de Lúa xa está na rúa, ehém...), como o é unha nova Revista Dot, a número 70 desta volta, quentiña e preparada para despedir o ano! Podes ler a Dot:70 enteira aquí.

NaNoWriMo 2016


Como xa fixen o ano pasado e o anterior, avísovos de que chega novembro e, con el, o reto de escribir unha novela nun mes: o NaNoWriMo

Avisar, aviso, pero este ano eu teño claro que non me vai dar o corpo para participar. Se cadra, entón, a imaxe debería ser esta:

Ilustración para a Dot:69


Aínda que o enlace para ler a revista non está publicado aínda na web da Revista Dot, o domingo fíxenme co meu exemplar en papel do número 69, polo que vos traio a ilustración que fixen para el.

Ilustración para a Dot:68


Chega agosto, eu celebro o meu cumple e sae unha nova Dot. Funciona así :)
Desta volta cadroume facer a ilustración en momento de resaca post-electoral así que quixen recuperar un texto que titulei O peso do mundo, aló polo 2012.

60! (II)


Os meus pais póñense de acordo para cumprir cifras importantes a tempo para que lles adique algún libro, ou iso parece. En 2014, o meu pai cumpriu 60 anos (podes ver o seu agasallo aquí) e caeu a tempo para que Feitizo de Sangue levase a merecida adicatoria. Este 15 de xullo tocoulle a miña nai cumprilos e, como Sangue de Lúa está xa no forno, non creo que lle sexa de sorpresa a adicatoria :).

Do verán e os seus desaxustes


É moi fácil despistarse no verán. Sobre todo se se colle unha semaniña de vacacións e se desconecta unha do mundo. Máis aínda se unha vén de lle enviar ao seu editor o borrador final do peche da súa triloxía e sabe que se merece facer o manatí na piscina da súa irmá, lonxe de ordenadores e sen mover unha soa neurona.

Agora, xa de volta á realidade, toca ir collendo proxectos pouco a pouco, dándolle forma a esas ideas que levan tempo devecendo por saír e cumprindo coas obrigas habituais.

Para facelo, que mellor que ese adianto de regalo de cumpleanos que me fixeron a irmá e familia: a versión ilustrada do Harry Potter & the Philosopher's Stone, mercado, ademais, en Londres e, inda por riba, en Leadenhall Market (o Diagon Alley do mundo real, people!). Beluka feliz :)

Se me permitides, vou seguir despistándome un chisco... Poida que mesmo salga algo bon de tan pouco pensar. Feliz verán!

Na feira do libro (2016)


Pasear pola feira do libro de Vigo na procura de novas lecturas para o verán é unha tradición que me encanta. Todos os anos caen un par de volumes, mínimo, e sempre un libro ilustrado (unha debilidade miña). É unha mágoa, iso si,  que cada ano a feira sexa máis pequena e haxa menos información sobre ela. Se cadra faille falta unha voltiña innovadora para chegar máis e mellor á xente.

Lecturas de 2016 (I)


Xuño vai tocando á súa fin e, como fixen o ano pasado, recopilo as lecturas que levo no que vai de ano. Non son moitas, pero espero ler máis agora que xa rematei as Crónicas! O tempo heino encher igual, pero terei menos escusa, iso seguro.

Lembra que podes seguir todas as miñas lecturas en Goodreads.

Ilustración para a Dot:67

Saio do esquecemento para traervos a miña ilustración e poema para a Dot:67. 
Este dibuxiño, que mestura lápiz, tinta e acuarela con retoques dixitais, é o complemento ao pequeno poema-homenaxe que lle escribira á miña irmá, Iria, aló polo 2013 e que podes ler aquí.

E si, o que hai a carón de Iria é unha pirámide. E eu mándolle unhas folliñas verdes que arrecenden a mar a ver se lle dá morriña e volve dunha vez (he, he).

Ata pronto!

Velaquí o enlace para ler a revista completa.

Ilustración para a Dot:66


Como pasa o tempo! Xa estamos en abril e xa está na rúa unha nova Dot, a Dot:66 que podes ler completa neste enlace. 

A miña ilustración para este número é esta que vedes aí arriba e vén a conto dun poemiña de hai un par de anos que podedes ler aquí (ou na revista, xa postos).

Xa que estou: feliz primavera!

Ilustración para a Dot:65


Xa está na rúa a Dot:65 e, nela, de novo, un debuxo-poema meu. Este tamén é repe, pero a verdade é que me gusta bastante.
Estou xa cavilando para a seguinte ilustración, e penso que desta vez o texto irá fóra. A darlle á cabeza (e ao lápiz) toca.
Lembrade que tedes todo sobre a Revista Dot neste enlace, o número 65 completo aquí e que podedes estar ao día de todo a través do seu facebook e twitter.

Un ano sen propósitos

Foto de Pixabay

Un ano sen propósitos non significa un ano de despropósitos. Ou iso espero.

Os dous últimos anos publiquei os meus propósitos de aninovo. Os de 2015, cómpre dicilo, eran abondo ambiciosos.

"Un Nadal diferente" - Relato na Revista Criaturas


Con isto das vacacións chego tarde con algunhas cousiñas. Con todo, merece a pena compartilas. Falo de cousas como o número 2 da Revista Criaturas, que saíu en nadal cun feixe de cousas interesantes e, tamén, cunha sorpresa nas súas páxinas: unha colección de relatos de Nadal.

Lecturas de 2015 (II) - E resultado do sorteo!


Feliz ano! 

Xa estou de volta a bloguear (despois dun moi bo descanso, todo seña dito) e comezo o ano cos últimos libros que lin en 2015 (velaquí a parte I) e o resultado do sorteo, claro, máis abaixo.