Foi pena non dar chegado en hora xa de visitar a galería (a min é algo que nunca me cansa), pero aínda así puidemos sacar algunhas fotos no patio da galería e do exterior.
No patio, dispóñense baixo os soportais algunhas figuras de grandes das nosas letras.
O edificio é magnífico e para min ten un non-sei-que, unha alma, un significado profundo que me peta no peito*.
Dende o murete de pedra, miran á fronte o Marqués de Sargadelos e tamén, moi tranquilo, o gran Castelao.
De volta na casa, fun furgar polos andeis á procura das xoias de meus pais, especialmente os cadernos de estampas de Castelao. Dan picadas na boca do estómago, os seus debuxos e as frases que os acompañan, pero o certo é que son inspiradores (para a revolta e para a arte). Aquí abaixo vos deixo fotos dalgunhas delas.
Boa finde longa!
"Algunha vez chegan tarde" "Así aprenderán a non ter ideas" |
"Non enterran cadáveres, enterran semente" "A derradeira lección do mestre" |
*Vou ficar na bendita ignorancia da actualidade empresarial, quedo co espírito de Sargadelos, a súa familia e a súa historia.
Ningún comentario
Cóntame!