Unha casiña ao pé do mar

Hai uns días foi o aniversario dunha amiga e decidimos regalarlle unha sesión de fotos para que teña algún retrato molón para poñer na súa casiña nova, ao pé do mar. 

Como o regalo en si non é moi bon de envolver, tocoume a min facer unha especie de "vale". E, claro, a casa e o mar non podían faltar.

Fixen un par de bocetiños (máis do que adoito facer, hehe) e desembocaron nun par de intentos. 





O meu primeiro intento foi nun cadrado pequecho. Quería facer todo a acuarela, pero houbo un momento no que non me convencía... Así que o aparquei e pintei un máis grande...


(As tiritas son para tapar un par de cousas que non deberían estar aí, ehém).
Como vedes, no grande non tiven paciencia e saíronseme algunhas cores. Así que volvín ao pequeno e decidín rematalo con lápiz. A verdade é que o resultado final (a pesar da calidade das fotos) me gustou bastante:



 Detrás puxémoslle a felicitación e os detalles para a sesión. Logo, aproveitei unha caixa de cartón marrón dun envío que recibira, envolvín a postaliña en papel de seda para que ocupara ben e decorei a caixa con selos e washi tape. Así aparenta máis :) Se é que con catro cousiñas se apañan uns regalos estupendos!

Boa finde!

Ningún comentario

Cóntame!