Se me seguides no Facebook, Twitter ou Instagram xa veriades que teño un bo motivo para tomar as cousiñas con calma e esquecerme un pouco da vida online. Un motivo precioso, feitiño e amorosísimo, vaia por diante.
Con todo, a vida segue aí fóra e non quero deixar de compartir con vós as novas habituais (e as non habituais, por se alguén lle esqueceu que Sangue de Lúa xa está na rúa, ehém...), como o é unha nova Revista Dot, a número 70 desta volta, quentiña e preparada para despedir o ano! Podes ler a Dot:70 enteira aquí.
A ilustración, tinta á man e coloreada en dixital, recupera este texto que aquí vos deixo, de aló por 2011, titulado Medran paraugas, medran galegos. Espero que vos guste!
Hai terras tan confusas
que fan xermolar paraugas no formigón.
Froito das sementes dun trebón,
medran abertos,
fillos da choiva,
onde os débiles caeron
con baleas rendidas.
Hai terras tan extrañas
que fan xermolar carriza no corazón.
Froito das sementes dun trebón,
medran galegos,
fillos da choiva,
onde os mares non arredan
marabuntas fratricidas.
Ningún comentario
Cóntame!