Esta fin de semana fumos a Cervo para celebrar o cumpleanos do meu pai. 60 anos! Un chaval, vaia.
Aínda que sexa un chaval, os 60 son unha cifra redonda e bonita de máis como para non celebrala de xeito especial, así que nos xuntamos todos os que puidemos e fixemos unha comida de agárrate (por respeto, diso non vos poño fotos, pero mamaíña que rodaballos e que xabarín... xabarín! Ai, que volvo salivar...).
Para celebralo, tamén, quixemos facerlle un agasallo especial, así que os últimos meses estiven, pouco a pouco, traballando nunha revisión dun boceto que andaba polas miñas carpetas hai máis de dez anos. E logo envolvímolo ben, claro :)
Velaquí, entón, outra xenial tarefa: o regalo para o 60 aniversario do meu pai. Espero que vos guste.
Ah, si, e felicidades (outra vez), meu Emilio :D
Todos os textos e imaxes deste blog (salvo mención expresa) son propiedade de Sabela González.
Para facer un uso autorizado dalgún contido, podes contactar comigo aquí
Copyright blog de sabela gonzález. Designed by BloggerTemplate
Ningún comentario
Cóntame!