Ilustración para a Dot:68


Chega agosto, eu celebro o meu cumple e sae unha nova Dot. Funciona así :)
Desta volta cadroume facer a ilustración en momento de resaca post-electoral así que quixen recuperar un texto que titulei O peso do mundo, aló polo 2012.

Este é:

O mundo pesaba
porque sempre pesou
pero a faciana de pedra
con anos ás costas
co mundo ás costas
co ceo ás costas
mesmo semellaba levalo mellor
que as facianas da rúa.

O mundo pesa
porque sempre pesou
pero é curioso
que pese máis sobre todos nós
que sobre un home só.

O mundo pesa
máis que nunca
pero, ai,
nós non somos de pedra
nin o levamos ben
con tan poucos anos ás costas
con tan pouco ceo para soñar.

Feliz agosto!
Velaquí o enlace para ler a revista completa.

Ningún comentario

Cóntame!