Pour qu'on y reste

Se o frío non che encolleu as dedas
é que non vai abondo.

Se cadra escorrentámolo
con café
con apertas
con whisky
con palabras
con olladas
nun bar de tenue luz amarela
e cabichas no chan.


Parei o tempo e mireite dende outros ángulos.


Eras un perfil recén debuxado,
unha silueta alongada sobre min,
unha sombra na parede,
unha ollada atenta,
un pensamento perdido.

Dinche un toque no ombro
e saqueite da man daquela fantasía estática.
Eu debín quedar atrapada.

Sinto non ter escoitado o que dixeches entón,
perdinme ollándote.

Perdinme en risos de tragaperras,
aloumiñeite enteiro co pensamento,
din voltas no aire nun tambor de lavadora
e estoupáronme fogos artificiais
nas puntas dos cabelos.

É a miña maneira de convidarte ás miñas sabas novas.
É como te quero arrastrar, espir, bicar, apertar.
É como debuxo como moverme sobre ti,
debaixo de ti,
onda ti.
É como rematamos rindo ao amencer,
como nunca espertamos de verdade,
como,
pouco a pouco,
nos esperta só a pel e percorrémonos coas mans
ata percorrernos cos corpos cálidos,
tensos, excitados,
suspirando,
xemindo,
eu calo,
ti non,
e...

E co sexo encóllenseme as dedas.
Coma co frío.



11 comentarios

  1. Gústanme esas sensacións de inverno

    ResponderEliminar
  2. este inverno si se me encolleron as dedas, ainda asi buscote nas tabernas, debaixo das lamparas, encima dos xornais ao caron dun whisky y arredor damiña siñueta recen descoberta...
    coma ves gustoume moito a poesia
    apertas dende esta compostela tan xeada coma luminosa....
    ah! y un biko

    ResponderEliminar
  3. Nada máis cálido que estes teus versos para afrontá-los fríos invernais con algo máis de vontade.
    Saúdos saudosos.

    ResponderEliminar
  4. O Inverno trouxonos un ar distinto fresco e distinguido, frío e contundente...

    Beijosssssss.
    :)

    ResponderEliminar
  5. O frío e as tentativas de fuxir del, de loitar porque non se nos encollan as dedas... Interesantes versos.

    ResponderEliminar
  6. gustoue este xeito de convidar ás sabas novas e de arrepiar a friaxe para espantala coa forza da calorciña do amor e o sexo.
    Unha beleza de versos-

    ResponderEliminar
  7. Feliz Noite Máxica!!!.
    Feliz Ano Novo!!!.

    Beijos de 2008.
    ;)

    ResponderEliminar
  8. Buenas compi!!!! Ya estoy por aquí de nuevo... Espero y deseo que 2008 te venga cargadito de ilusiones y que tus propósitos se cumplan!!! Un abrazo!!!

    ResponderEliminar
  9. Gústame, gústame a tua forma creativa de contar. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  10. ¡Que grande es! E eu que me estaba a perder esta etapa tan prolífica e poética... na que vexo que non che faltan admiradores. Sabes que eu fun a primeira. ;-)

    Sempre.

    ResponderEliminar

Cóntame!