Sangue de Lúa xa está dispoñible! (Yipiiiiii!)


Xa está aquí! 
Como me tardaba! Dende que vos contei que rematara o manuscrito, a finais de xuño, ata que esta semana chegou ás miñas mans foron uns cantos meses de intriga e nervios, pero Sangue de Lúa xa está impreso, xa é de verdade e xa se pode conseguir nas librarías.



A triloxía está completa. Non vos vou enganar, é unha sensación do copón. Por unha parte, o alivio de ter rematado esta historia que leva tantos anos comigo é grande. Por outra, dá vértigo pensar que xa non teño excusa para me enfrontar ao resto de relatos que me levan enchendo os miolos durante estes anos. Vértigo, pero ganas.

É ese medo raro da incertidume mesturada con emoción, das ganas mesturadas co temor a fracasar. E, crédeme, é unha sensación que teño por varios motivos agora mesmo. Pero nese medo bo gañan as ganas de aventuras novas e especiais. Espero que sigades comigo nelas.

Xa sabedes que, aínda que ata xaneiro non o presentaremos oficialmente, hei seguir dándovos a brasa con Sangue de Lúa para que non vos esquezades de que xa o podedes ler. E se vos achegades ao final desta historia, encantarame saber das vosas impresións (se tedes Goodreads, podedes deixar a vosa puntuación e opinión aquí).

Grazas a todos e todas pola compaña, os consellos, os ánimos e, sobre todo, por lerme. Se nos vemos, teño un selo novo para os vosos exemplares :)


2 comentarios

  1. Ola Sabela, chego tarde pero chego, teño moitísimas ganas de ler o final da triloxía así que vouno mercar pero xa¡¡¡¡¡¡ Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas! Espero que che guste. Xa contarás :) Apertas!

      Eliminar

Cóntame!