60! (II)


Os meus pais póñense de acordo para cumprir cifras importantes a tempo para que lles adique algún libro, ou iso parece. En 2014, o meu pai cumpriu 60 anos (podes ver o seu agasallo aquí) e caeu a tempo para que Feitizo de Sangue levase a merecida adicatoria. Este 15 de xullo tocoulle a miña nai cumprilos e, como Sangue de Lúa está xa no forno, non creo que lle sexa de sorpresa a adicatoria :).


Por suposto, tamén lle tocou un cadro especial, este que vedes aquí.

Na foto de enriba de todo tedes algunha parte do proceso, un proceso no que cometín erros pero que non afectaron, afortunadamente, ao resultado. En resumo direivos que vexades ben cal é a porosidade do papel antes de lle botar líquido de enmascarar por todas partes (ou verédesvos, coma min, raspando liña a liña cun cúter nun cadro de dimensións xeitosas...).

Está feito con acuarela sobre o líquido de enmascarar e logo detallado e salpicado en lápiz, acrílico e tinta china. Tamén leva anacos de caderno.

Para celebrar a importante data, fumos toda a familia a comer* a Ribadeo  e disfrutamos dun día magnífico. Aí vos deixo unha foto da miña nai con Iria e comigo... e algún intruso de fondo :)

Moitos parabéns de novo, mami! <3


*Comer = poñernos como preas. Burp!

Ningún comentario

Cóntame!