Aínda que o enlace para ler a revista non está publicado aínda na web da Revista Dot, o domingo fíxenme co meu exemplar en papel do número 69, polo que vos traio a ilustración que fixen para el.
A ilustración, feita a tinta agás polo trazo vermello de acuarela en dixital, recupera unha vez máis un texto de hai tempo, concretamente Os amores non se enfían, de 2012.
Aquí vos deixo o texto :) Espero que vos guste.
E ata pronto :)
Hai amores contrafeitos
que se tornan parafuso,
premen na carne a súa ferruxe
en avance helicoidal
cara ao corazón
cara ao orgullo
cara ao erro.
Hai amores contrafeitos
que resultan ser chanzos,
que te empurran na distancia
cara a embaixo
cara a enriba
cara a outro.
Hai amores contrafeitos
que non son máis ca un ensaio
para min
para ti
para nós.
Ningún comentario
Cóntame!