Do verán e os seus desaxustes
20 de xullo de 2016
É moi fácil despistarse no verán. Sobre todo se se colle unha semaniña de vacacións e se desconecta unha do mundo. Máis aínda se unha vén de lle enviar ao seu editor o borrador final do peche da súa triloxía e sabe que se merece facer o manatí na piscina da súa irmá, lonxe de ordenadores e sen mover unha soa neurona.
Agora, xa de volta á realidade, toca ir collendo proxectos pouco a pouco, dándolle forma a esas ideas que levan tempo devecendo por saír e cumprindo coas obrigas habituais.
Para facelo, que mellor que ese adianto de regalo de cumpleanos que me fixeron a irmá e familia: a versión ilustrada do Harry Potter & the Philosopher's Stone, mercado, ademais, en Londres e, inda por riba, en Leadenhall Market (o Diagon Alley do mundo real, people!). Beluka feliz :)
Se me permitides, vou seguir despistándome un chisco... Poida que mesmo salga algo bon de tan pouco pensar. Feliz verán!
loading..
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario
Cóntame!