Bo Nadal! (con agasallo)


Parece que voaron os días neste inverno sen frío... E xa está aquí o Nadal, coas súas moi (moooi) merecidas vacacións.

Vou poñerme aos teclados con ahínco canto poida e tomarme as acostumadas vacacións do blog, tamén, pero desta volta, teño algo que ofrecervos!

Para vós, para unha amiga, para un inimigo, para coleccionar, para calzar unha mesa... téñovos de regalo para este Nadal un pack Landereina: un exemplar de Bágoa de Lúa, un de Feitizo de Sangue, ambos selados e adicados e tamén, de caralladiña extra, un colgante co brasón dos Gheiroez.

Apetécenvos? Só tedes que deixar un comentario nesta entrada. Despois das vacacións (arredor do 13 de xaneiro) seleccionarei ao/á gañador/a de xeito aleatorio, que recibirá no enderezo que me indique os dous libros e o colgante. Aviso de que o colgante é caseiro, non esperedes perfección de manufactura made in china :).

Sen máis, esperando que participedes para darlle emoción ao asunto, despídome cos meus mellores desexos para estas festas e o ano que entra. Felicidade! E ata o ano que vén!

*Participación pechada a 11/01/16.

18 comentarios

  1. Sabela encantanme o mundo de Landereina! Por desgracia solo lin o primeiro libro porque non hai o segundo na biblioteca. Fai pouco que os puxeron na biblioteca de Santiago (en Vigo Nin sequera o tienen). E unha pena non poder mercar libros cando un quere.
    Fariame moita ilusión ter ambos radicados e o colgante (e moi chulo).

    Bo nadal! Bicos !

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, David! Que biblio de Vigo dis? A ver se o amañamos :) Si que é unha pena non poder ter os libros que un quere... :( Sorte loguiño, e se non xa falarei eu con esa biblioteca. Apertas!

      Eliminar
    2. A biblioteca Xosé Neira Vilas en Vigo, preguntei polo libro e non tiñan nin idea foi unha pena... :(
      Grazas:)

      Eliminar
    3. Pois hei de ver como facer para que o teñan! Graciñas, David!

      Eliminar
  2. Eu quero, eu quero...Eu fixenche unha promesa un día, ler o primero libro q escribiras. Ainda non puiden cumprila.. E morro por léelo! Un aperta enorme, e bó Nadal!

    ResponderEliminar
  3. Eu quero, eu quero...Eu fixenche unha promesa un día, ler o primero libro q escribiras. Ainda non puiden cumprila.. E morro por léelo! Un aperta enorme, e bó Nadal!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo Nadal!! Pois nalgún momento ha tocar ;) Bicasos!

      Eliminar
  4. Eu tamén quero. Estiven na presentación de "Feitizo de sangue" en Librouro, a primeiros de ano, pero non lin o libro. A ver si hai sorte, xa que a lotería nunca me toca.
    Bo Nadal, boas festas e feliz 2016!!
    Bicos!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oh! E non avisaches! Non sei se desexarche mellor a lotería :D Boas festas!!

      Eliminar
  5. Aínda que xa teño ambas novelas asinadas, é a oportunidade perfecta para facer un agasallo e estender o amor por Landereina. E conseguir ese colgante, claro... merchan tan exclusivo e de balde non é algo que se vexa todos os días...
    Bo Nadal!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O teu é vicio! XD Iso é, agasallos! Merchandising de principiante, pero merchandising é :)

      Eliminar
  6. Oooohhh!!!! Eu apúntome a eses libros asinados!! E o colgantiño feito por ti! Que ilusión me faría!! Que riquiña es, ho!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, Luz :) Así dá gusto!
      Apertísimas de Nadal!

      Eliminar
  7. Eu quero ese colgante!!!! En canto mo envíes, póñome a buscar a Bágoa de Lúa, XDDDDD

    E os libros, para a biblioteca do cole das miñas peques. ;*

    Esa escritora guapa!!!!! (dá puntos extra piropearte???) ;P

    ResponderEliminar
  8. Ola Sabela!!! Encántanme os teus libros e alégrame q todo che vaia tan ben. :) A ver se hai sorte e podo ver ese colgante que fixeche.
    Un bico!!

    Sabela

    ResponderEliminar

Cóntame!