Así e todo, penso recuperar o tempo perdido. Levo 1.669 palabras mentres escribo estas liñas (só! *ainsh*) pero tamén me fai ilusión estar aproveitando para probar novas ferramentas de traballo. Por un lado, Novlr, un escritorio sinxelo (en beta) que por agora permite poucas florituras pero moita concentración e, por outro lado, Toggl, unha aplicación para medir o tempo de traballo nos distintos proxectos (todo isto por non dicir time tracker), que xa teño usado algunha vez, pero nunca con perseverancia. Con isto, as palabras cóntanse soas e sei canto me levou "parilas". Está por ver que mellore algo, pero sacar estatísticas sempre mola (sempre que sexan positivas, claro).
Así imos. Tarde, mal e arrastro. Pero imos.
Por se vos fai falla un discurso motivacional para poñer ás tropas a andar, botádelle un ollo ás pep-talks de NaNoWriMo, coma esta de Veronica Roth, deste ano, ou a de Neil Gaiman, do 2007. Iso si, están en inglés e, a verdade, ía poñerme a traducírvolas (de verdade!) pero, sabedes que? Toca seguir escribindo!
Veronica Roth (fonte: tumblr ) |
Ningún comentario
Cóntame!