Postais de Nadal

Poida que sexa cedo para falar do Nadal, pero estas cousas hai que preparalas con tempo! Así que aquí vos presento as miñas postais de Nadal. Tadáaa!

Fixen unhas cantas para repartir entre familia e amigos PEEEERO fixen de máis para que, se vos gustan e andades por Vigo, poidades mercalas en Pulgar de Elefante (unha tenda preciosísima que tedes que coñecer, aquí está!). Se queredes algunha pero Vigo vos queda lonxe, avisádeme!

Están impresas en papel verxurado, tamaño A5 e veñen cun sobriño de cor :) Espero que vos gusten!


Por certo, falta só un mes para o día de Nadal, o que significa que hoxe é o cumple de meu pai, así que Moitas Felicidades, Papá! :)





3 comentarios

  1. Encántame o raposo co seu bolso.

    A ver cando me invitas a coñecer o santuario da túa produción creativa. ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Santuario, dice! :) Teño unha oficinita, pero aínda non incoporei a parte debuxística a ela. A ver se o tempo se porta ben e saen ben de cousas de aí... Bicasos!

      Eliminar

Cóntame!