Ilustración para a Dot:70



Se me seguides no Facebook, Twitter ou Instagram xa veriades que teño un bo motivo para tomar as cousiñas con calma e esquecerme un pouco da vida online. Un motivo precioso, feitiño e amorosísimo, vaia por diante.

Con todo, a vida segue aí fóra e non quero deixar de compartir con vós as novas habituais (e as non habituais, por se alguén lle esqueceu que Sangue de Lúa xa está na rúa, ehém...), como o é unha nova Revista Dot, a número 70 desta volta, quentiña e preparada para despedir o ano! Podes ler a Dot:70 enteira aquí.

NaNoWriMo 2016


Como xa fixen o ano pasado e o anterior, avísovos de que chega novembro e, con el, o reto de escribir unha novela nun mes: o NaNoWriMo. 

Avisar, aviso, pero este ano eu teño claro que non me vai dar o corpo para participar. Se cadra, entón, a imaxe debería ser esta:

Ilustración para a Dot:69


Aínda que o enlace para ler a revista non está publicado aínda na web da Revista Dot, o domingo fíxenme co meu exemplar en papel do número 69, polo que vos traio a ilustración que fixen para el.

Ilustración para a Dot:68


Chega agosto, eu celebro o meu cumple e sae unha nova Dot. Funciona así :)
Desta volta cadroume facer a ilustración en momento de resaca post-electoral así que quixen recuperar un texto que titulei O peso do mundo, aló polo 2012.

60! (II)


Os meus pais póñense de acordo para cumprir cifras importantes a tempo para que lles adique algún libro, ou iso parece. En 2014, o meu pai cumpriu 60 anos (podes ver o seu agasallo aquí) e caeu a tempo para que Feitizo de Sangue levase a merecida adicatoria. Este 15 de xullo tocoulle a miña nai cumprilos e, como Sangue de Lúa está xa no forno, non creo que lle sexa de sorpresa a adicatoria :).