60! (II)
3 de agosto de 2016
Os meus pais póñense de acordo para cumprir cifras importantes a tempo para que lles adique algún libro, ou iso parece. En 2014, o meu pai cumpriu 60 anos (podes ver o seu agasallo aquí) e caeu a tempo para que Feitizo de Sangue levase a merecida adicatoria. Este 15 de xullo tocoulle a miña nai cumprilos e, como Sangue de Lúa está xa no forno, non creo que lle sexa de sorpresa a adicatoria :).
Do verán e os seus desaxustes
20 de xullo de 2016
É moi fácil despistarse no verán. Sobre todo se se colle unha semaniña de vacacións e se desconecta unha do mundo. Máis aínda se unha vén de lle enviar ao seu editor o borrador final do peche da súa triloxía e sabe que se merece facer o manatí na piscina da súa irmá, lonxe de ordenadores e sen mover unha soa neurona.
Agora, xa de volta á realidade, toca ir collendo proxectos pouco a pouco, dándolle forma a esas ideas que levan tempo devecendo por saír e cumprindo coas obrigas habituais.
Para facelo, que mellor que ese adianto de regalo de cumpleanos que me fixeron a irmá e familia: a versión ilustrada do Harry Potter & the Philosopher's Stone, mercado, ademais, en Londres e, inda por riba, en Leadenhall Market (o Diagon Alley do mundo real, people!). Beluka feliz :)
Se me permitides, vou seguir despistándome un chisco... Poida que mesmo salga algo bon de tan pouco pensar. Feliz verán!
Na feira do libro (2016)
6 de xullo de 2016
Pasear pola feira do libro de Vigo na procura de novas lecturas para o verán é unha tradición que me encanta. Todos os anos caen un par de volumes, mínimo, e sempre un libro ilustrado (unha debilidade miña). É unha mágoa, iso si, que cada ano a feira sexa máis pequena e haxa menos información sobre ela. Se cadra faille falta unha voltiña innovadora para chegar máis e mellor á xente.
Lecturas de 2016 (I)
29 de xuño de 2016
Xuño vai tocando á súa fin e, como fixen o ano pasado, recopilo as lecturas que levo no que vai de ano. Non son moitas, pero espero ler máis agora que xa rematei as Crónicas! O tempo heino encher igual, pero terei menos escusa, iso seguro.
Lembra que podes seguir todas as miñas lecturas en Goodreads.
Ilustración para a Dot:67
3 de xuño de 2016
Saio do esquecemento para traervos a miña ilustración e poema para a Dot:67.
Este dibuxiño, que mestura lápiz, tinta e acuarela con retoques dixitais, é o complemento ao pequeno poema-homenaxe que lle escribira á miña irmá, Iria, aló polo 2013 e que podes ler aquí.
E si, o que hai a carón de Iria é unha pirámide. E eu mándolle unhas folliñas verdes que arrecenden a mar a ver se lle dá morriña e volve dunha vez (he, he).
Ata pronto!
Este dibuxiño, que mestura lápiz, tinta e acuarela con retoques dixitais, é o complemento ao pequeno poema-homenaxe que lle escribira á miña irmá, Iria, aló polo 2013 e que podes ler aquí.
E si, o que hai a carón de Iria é unha pirámide. E eu mándolle unhas folliñas verdes que arrecenden a mar a ver se lle dá morriña e volve dunha vez (he, he).
Ata pronto!
Velaquí o enlace para ler a revista completa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



