París: Día 4

Día 4 e último! Cundeu, verdade? Despois de paseos durante un, dous e tres días, ao cuarto tocaban museus. Fallo de planificación: era luns, e o Musée d'Orsay, o que máis me apetecía ver, pecha os luns. En fin, xa volveremos. Desta volta, tocou só Louvre.

A Victoria de Samotracia - Foto AST
 
Por se non o sabedes (pero se sodes listiños xa o sabedes), ir a un museu a velo todo é imposible, cansado e, en resumo, unha tontería.
Hai que ter certa idea de que se quere ver, ben buscando nunha guía, ben preguntando. Nós démoslle un rulo de dúas horiñas máis ou menos. Eu quería ver, ante todo e sobre todo, a Victoria de Samotracia. Que pasote. A min déixame sen fala, por riba está colocada nunha escalinata e semella máis maxestuosa aínda. Despois diso, un paseíño ver aos pintores ingleses e americanos, grandes olvidados, pero prestoume moitísimo poder ver un Turner e un Constable así, en vivo e en directo!

A foto está como está, pero iso é un Turner, meus amigos! - Foto AST
 
Logo algo de franceses, que non pode un saír do Louvre sen ter visto á Liberdade guiando ao pobo nin a Balsa da Medusa. Pódeselle botar un ollo á Mona Lisa, é a que está detrás da masa de xente, á Venus de Milo e máis pezas míticas. Nós curioseamos algo de escultura e xa marchamos, directos ao Marais, outro barrio encantador a través do cal chegamos á Bastille.

O que máis mola é pasear. Non faltan modernos, tampouco - Foto AST


Praza da Bastilla - Foto AST


Como quedaba tempo, que mellor que volver pasear polas illas (Notre Dame seguía igual de impracticable) e camiñar, e tomar algo nunha terraciña, e cear nun sitio do máis parisino e perfecto. Non hai nada mellor. Ou se cadra si. Se cadra o descubra na vindeira viaxe!

Cafés en St. Louis - Foto AST

Le Petit Parisien, na Rue Tholozé, Montmartre - Foto AST
 

Ningún comentario

Cóntame!