Aí, onde apretas, non responden os comandos.
Baleiróuseme a sintaxe
e tamén os frascos de pena.
Cando pasa,
só respiro e,
ás agochadas,
xunto feridas nun libro de recortes,
páxinas eslagañadas de sangue seco
que agardan mercromina.
Aquí, onde me apertas, volve fluír o sorriso.
Énchenseme os músculos
e tamén os botes de bicos.
Cando pasa,
respiramos xuntos e,
á luz do día,
rachamos as páxinas de feridas
para facer un collage de soños.
Todos os textos e imaxes deste blog (salvo mención expresa) son propiedade de Sabela González.
Para facer un uso autorizado dalgún contido, podes contactar comigo aquí
Copyright blog de sabela gonzález. Designed by BloggerTemplate
Ningún comentario
Cóntame!