Lobo negro, lobo branco

Lobo negro, lobo branco - Sabela González, Dot: 45

Contoume Sergio que hai unha lenda que di que dentro de cada un de nós hai dous lobos: un lobo negro, que simboliza o negativo, e un lobo branco, que simboliza o positivo. Un ying e un yang, a dualidade maniqueísta habitual.
Pero coa historia dos lobos gustoume máis: o ser humano debe decidir a que lobo alimentar e este será o que guíe os seus actos inconscientes. Ou algo así.


O caso é que é a imaxe que elixiu o meu amigo para a súa inspiración á hora de crear o texto bimensual ao que acompañan as miñas ilustración na revista gratuíta Dot.

A ilustración é esa de enriba. O texto de Sergio é este de embaixo. E a Dot de outubro-novembro é a que podedes ler e descargar aquí.

a veces pienso
que es conveniente embriagarse
y morder aquí y allá:
una pierna,
una pestaña,
la idea de que el mundo
se detiene si tú corres,
si hay luz, niñas
con venas de leche,
entre tinieblas, mujeres,
tal vez gatos,
y así practicar idiomas

mas la primera sonrisa

tras una noche de aullidos
no es más que un segundo
ombligo
al que pedir tres deseos
y es entonces cuando rezo:
que alimente la inocencia
a mis cachorros,
sea el coraje el padre
que se ausenta,
plata entre mis ojos
tu descanso eterno

Ningún comentario

Cóntame!