Se xa sabes que a túa metodoloxía de traballo é a dun
planificador (se non sabes de que estou falando,
bota un ollo aquí), ou se queres organizar mellor a túa forma de traballar, debes saber tamén que hai xente que leva moreas de anos traballando para facerche a vida máis fácil.
A día de hoxe existen centos de aplicacións destinadas á organización, planificación e control do traballo, ademais de ferramentas máis rudimentarias (o papel, ese descoñecido) grazas ás cales unha persoa planificadora pode artellar, describir e esquematizar os contidos do seu cerebro e despois medir o seu rendemento.
Como persoa maioritariamente planificadora que son, vouvos contar un pouco
como traballo eu, indo por diante que este é o método que me funciona a min, persoalmente, e non ten por que vos funcionar a vós igual (oi, pero igual sacades algo en claro).