Plotter versus Pantser


Imaxe de Pinterest - Amy Rodchester
O ano pasado, cando me apuntei  (infrutuosamente) ao reto NaNoWriMo, descubrín dous termos que descoñecía, aplicables aos escritores: plotter e pantser. Na literatura internetil que fun papando, movida pola curiosidade, non atopei moita tradución destes adxectivos e, como me parece que tratan de algo moi interesante, vou intentar traelos á nosa terra.

Plotter vén de plot, argumento ou trama, e chámaselle así á persoa que planifica e artella as estruturas antes de escribir (wordreference só nos di que se trata dunha persoa conspiradora, pero xa sabemos que o contexto o é todo). Ocórreseme chamarlle a esta xente planificadores/as.

Pantser ten a súa orixe na palabra pants, "pantalóns", máis concretamente nunha expresión que vén referirse a sentar e poñerse a algo, sen prepararse. Chámaselle así a quen senta escribir sen facer un plan previo do que vai parir coas teclas. A tradución deste termo ten máis miga, pero, por dicir algo, vou chamarlles improvisadores/as.

Entendido, non? Sinxelo, verdade?

Pero entón... cal é a mellor estratexia? Planificar ou improvisar?

A túa lección

Ilustración de Carolina Búzio

Seite de memoria e
aínda así
gústame repasarte.

Releo lunares e cabelos
e sei que non habería clon que me enganara.

Téñoche páxinas dobradas,
porque eu son das que dobran páxinas,
pra saber por onde ía,
cada noite,
cando esquematizo a lección
nunha culler,
nunha aperta infinita.

Coma se fixese frío!
E tanto nos ten suar aloumiños.

Seite de memoria e
gústame recitarte.

Que tipo de persoa produtiva es?


Ilustración tomada de 99u - de Oscar Ramos Orozco

Encántanme os artigos sobre produtividade. Xa sei que están moi de moda e que lelos é síntoma de alta improdutividade, a maioría das veces, pero é raro non atopar un bo consello, unha boa reflexión ou unha boa estratexia neles.

Neste tema, o blog de referencia, para min, é 99u. As súas entradas sobre eficiencia, creatividade, produtividade, etc. adoitan ser atinadas e útiles. O outro día, concretamente, vin unha sobre os 4 tipos de estilos produtivos que identifica Carson Tate e compartina.

E, aquí, vou compartir de novo o seu contido, iso si, traducido.

Mississippi

Imaxe via Google Images (url)

O chan era seco, amarelento, ermo
e estendíase alén de onde nos daba a vista.
Area con pingas de desexos verdes.

Chegamos cansos, vencidos, suorosos,
se cadra a algunha beira do Mississippi,
con máis pantasmas que recordos.

Work in progress: Mariñadas (III)

Só me falta o marco.
Igual pensastes que o cadro do bonito, Mariñadas, quedou así como estaba en abril, pero non: só me falta o marco.

Armeime de uns cantos aparellos e por fin o din por rematado. Velaquí o resultado: