Un descanso de verán


Vou tomar un respiriño.
Estou preparando contidos novos e, tamén, traballando nun retoque de imaxe no blog. E como non se pode facer todo todo o tempo, pecho este chiringuito un par de semanas, ata o 26 de agosto.
Seguirei por outros chiringos (traballo, escribindo,...) e xa logo nos lemos!
Non esquezades subscribirvos ao RSS ou por email (abaixo, á dereita) para non perdervos nada.
Bo verán!

Lecturas de 2015 (I)




Cando me vou acordando, actualizo o meu perfil de Shelfari coas lecturas que vou rematando ou descubrindo. Como xa vai aló mesmo máis de medio ano, velaquí o reconto do que levo lido ata o momento, por orde cronolóxica de lectura.

Atopa as túas ferramentas ideais - Improvisadores/as


A semana pasada dinvos algunhas ideas de ferramentas útiles para planificadores. Obviamente, hoxe tócalle o turno aos improvisadores.

Atopa as túas ferramentas ideais - Planificadores/as

Se xa sabes que a túa metodoloxía de traballo é a dun planificador (se non sabes de que estou falando, bota un ollo aquí), ou se queres organizar mellor a túa forma de traballar, debes saber tamén que hai xente que leva moreas de anos traballando para facerche a vida máis fácil.

A día de hoxe existen centos de aplicacións destinadas á organización, planificación e control do traballo, ademais de ferramentas máis rudimentarias (o papel, ese descoñecido) grazas ás cales unha persoa planificadora pode artellar, describir e esquematizar os contidos do seu cerebro e despois medir o seu rendemento.

Como persoa maioritariamente planificadora que son, vouvos contar un pouco como traballo eu, indo por diante que este é o método que me funciona a min, persoalmente, e non ten por que vos funcionar a vós igual (oi, pero igual sacades algo en claro).

E ti que? Planificas ou improvisas?

A xente é moi dada ás etiquetas. Semella que hai que definirse e ten que ser cunha etiqueta unilateral e inamovible. E, sen embargo, a mestura e a capacidade de cambio é o que nos fai seres únicos, non si?

Din que un artista ten que ser desordeado para ser creativo, pero, e se a ese artista lle gusta planificar o que vai facer? Entón, seguramente, lle digan que é un planificador.

Faleivos o outro día dos conceptos de planificadores e improvisadores. Se non o listes ide, veña, que non é moi longo. Xa?

Mesmo se parece que falamos de etiquetas (tipoloxías, adxectivos, como queirades chamarlles) que semellan excluíntes, non o son. Podemos ter unha mestura de habilidades e competencias, pero de certo sentirémonos máis identificados (e cómodos/as co noso traballo!) se descubrimos en cal das categorías encaixamos mellor.