Vai de libros
22 de outubro de 2014
Hoxe actualicei a miña lista de lectura en Shelfari. Veño de rematar American Gods, de Neil Gaiman, e é destes libros que queres recomendar ao mundo.
Cousas do outono
17 de outubro de 2014
![]() |
| Foto de Papel Salado |
Estes días chegou o outono con ganas, estilo winteriscoming e moito, coas súas galernas que agora se chaman cicloxéneses. Penso que vou mercar unhas katiuskas.
Atrás quedan os vermús ao seco, parece! A foto, é do último da Juakina, onde os rapaces de Papel Salado estiveron sacando fotos "á vella usanza" (xa sabedes, #nofilter, moi recomendable! O proceso é precioso e o recordo máis aínda).
En fin, que este mes, para variar, eu tiven lío. Porque cada vez que digo "que ben, teño uns días para facer outras cousas!", teño lío.
Entre estes líos (bos, por suposto) estivo unha nova revisión de Feitizo de Sangue, que vai tomando xa case toda a súa forma de libro. Iso si, avísovos de que aínda ha tardar uns meses máis.
Se cadra algún día vos conte cousas de como funciona o mundo da edición, que ten máis intríngulis dos que unha poida pensar dende fóra.
Que teñades unha boa fin de semana! Se saen ben os plans, volverei a semana próxima con algún work in progress de novas ilustracións ;)
Dot: 57 - Finlandia
6 de outubro de 2014
Para a Dot 57, Sergio escribiu, ao parecer, desde Finlandia. Escribiu moito e o meu debuxo minguou para facerlle sitio. Pero é o que ten que ser e, ás veces, as cousas vense mellor despois de minguar.
Coma sempre, podedes ver a revista en Issu aquí, podedes vela en papel nos moitos sitios nos que está dipoñible e podedes rebuscar máis na súa web.
Coma sempre, podedes ver a revista en Issu aquí, podedes vela en papel nos moitos sitios nos que está dipoñible e podedes rebuscar máis na súa web.
Unha nova Gramática
28 de setembro de 2014
Se cadra xa nin vos acordades de min, co tempo que levo sen actualizar este bloguiño.
Se cadra non vos dades conta de todo canto cambiou por aquí, pero son abondo cousas.
Empezando polo principio, e indo por partes, que diría Jack o Destripador, cómpre dicir que este é un blog completamente novo, montado de cero e aqueloutrado ás agochadas ata (case) este momento.
Aínda que www.gramaticadecorpos.com dirixe tamén a este lugar da rede, o novo enderezo (o que vos pido que engadades aos vosos lectores de feeds, se é que os tedes, ou que visitedes de cando en vez, se vos fai) é
Ultimamente // Libros e orgullo friki
30 de maio de 2014
Vou intentar remediar a deixadez á que teño sometido a este bloguiño meu con estas notas de actualización, por chamarlles dalgunha forma.
Ás veces non hai moito que contar, e falar seguido de traballo, sexa o que paga as facturas ou o que alegra o día, acaba por cargar a caixa. Tampouco quero desbarrar cos plans e ideas que me pululan libremente pola cabeza: disque se se confesan os propósitos diminúen as posibilidades de logralos, así que canto máis queden en petit comité, máis factibles me parecerán... se cadra.
Entre as cousas que andan pasando están as Feiras do Libro, das que sempre vos conto. A principios de mes pasei pola de Santiago e non puiden evitar unhas cantas compras, incluído este marabilloso libro de Miguelanxo Prado, Ardalén, que devorei entusiasmada. Este luns achegueime á feira de Vigo á presentación de Recinto Gris, de Ledicia Costas. O acto foi un encontro moi ameno, a modo de diálogo entre a autora e Marcos Calveiro. E non merquei nada. Igual ata me estou rehabilitando...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





