Ánimos e consellos para este NaNoWriMo

Foto de Drew Coffman via Flickr

Comeza a conta atrás para o NaNoWriMo 2015. A semana pasada conteivos que este ano tamén me apunto ao reto, así que hoxe tráiovos algúns consellos e enlaces (e gifs, hehehe), ademais do meu calendario de publicacións do mes de novembro para compartir os avances no reto. Porque novembro vai de escribir. A cholón.

NaNoWriMo 2015

Banner oficial do NaNoWriMo 2015

O ano pasado apunteime ao NaNoWriMo. Descubrino pouco antes e pareceume unha forma xenial para darlle caña a unha idea nova que tiña (e que segue aí, latente, creando notas e máis notas pero sen respirar aínda no papel).

Este ano, volvo apuntarme


[E ti? Queres escribir unha novela nun mes? Sigue lendo!]

Como crear outro mundo para a túa novela

Imaxe de Pixabay

Lin nalgures, non lembro onde, que cando creamos un mundo imaxinario as normas que podemos romper son limitadas. Se rompemos con todo, é posible que ao noso público lle custe comprender ese mundo que estamos inventando ou mesmo que non sexamos quen de ser abondo coherentes co que estamos a fabricar (por exemplo, un mundo sen gravidade, con monstros e cun tempo distinto ao noso require cerebro de máis para lle atender ao resto da historia, non si?).

Isto vén sendo porque a realidade, tal e como nos afecta, nos obriga a buscar a súa lóxica. Por iso, se a nosa historia se desenvolve nun mundo diferente, novo, estraño, debemos darlle todas as dimensións e aspectos necesarios para que sexa completo e creíble. E aquí vou contarche como se pode facer.

Ilustracións para a Dot:61, 62 e 63


Esta semana fago unha pausiña nas notas sobre a escritura para volver á ilustración. Déradesvos conta de que non publiquei as ilustracións da Dot:61 nin da Dot:62? Eu tampouco. Glups.

Como vén de saír a Dot:63, aproveito a ocasión e colgo as tres xuntas, que tampouco pasa nada.