Unha nova Gramática


Se cadra xa nin vos acordades de min, co tempo que levo sen actualizar este bloguiño.
Se cadra non vos dades conta de todo canto cambiou por aquí, pero son abondo cousas.

Empezando polo principio, e indo por partes, que diría Jack o Destripador, cómpre dicir que este é un blog completamente novo, montado de cero e aqueloutrado ás agochadas ata (case) este momento.

Aínda que www.gramaticadecorpos.com dirixe tamén a este lugar da rede, o novo enderezo (o que vos pido que engadades aos vosos lectores de feeds, se é que os tedes, ou que visitedes de cando en vez, se vos fai) é


Así, espero conseguir unha soa páxina coa información e a comunicación unificadas nun só lugar (como conto tamén na Gramática orixinal e no blog de Landereina). Por iso, trouxen para aquí a maioría das entradas de ambos blogs e engadín as páxinas necesarias para ir informando tamén dos meus libriños e eventos.

Que hai de novo, entón? Unha páxina para as cousas das Crónicas de Landereina e os libros que veñan despois delas, unhas etiquetas máis concretas para atopar facilmente as entradas, unha páxina sobre min á que lle falta unha foto molona e unha páxina de contacto cun email fardón.

Tamén engadín os iconos para chegardes ás redes nas que estou, aí, debaixo da foto da tipa con gafas (hehe), e unha caixa para a subscrición por email, na parte de abaixo da columna da dereita. Igual parece pouca cousa, pero ai, o traballo que me deu! Aprender código fai ilusión, pero o dos dominios supérame... Se non chega a ser por Dinahosting gañaría a desesperación! :D

E seguro (seguro, seguro) que me esqueceu algo. Se é así, pídovos desculpas e pídovos que me avisedes. Porque este blog gústame moito, pero sen vós non é nadiña. Grazas por estardes aí (todos estes anos).

Lémonos!


2 comentarios

  1. Respostas
    1. Non sei se esto non vai ou se sairán dúas respostas miñas... Ainsh... Moitísimas gracias, miña ruliña juapa!

      Eliminar

Cóntame!