Pianos e qwertys

Foto: Sabela González
 Alguén creu boa idea ensinarme piano.
Digo ensinar e non digo aprender moi conscientemente.

Alguén, agora seino,
trabucárase de teclado.

Empecei bum-bum, coa máquina de escribir,
aguilucho de uña retorta,
letra a letra,
e o procesador de texto fluorescente faloume de Paquita a aviadora.
Onde quedou Paquita!
Co pelícano de Calahorra e a Oca Cotilla, supoño.


Pedín aprender con todos os dedos
e escribín

asdfg
ñlkjh
asdfg
ñlkjh
asdfg
ñlkjh
e logo mente
moitas veces
mente
mente
ción
ción
ción.

Coma unha pianista que non fai música
din en xuntar letras
e bailan as mans polo qwerty
e bailan as mans polo poiu
e báilame a cabeza polo word
onde xa non está Paquita
que estou eu
soñándome nun estante
soñándome de papel.

Foto: Sabela González


Ningún comentario

Cóntame!