Espertar

Foto: Sabela González - Morás, 2011

Espertar
e sentir todos os días domingos
lentos
longos
grandes
inmensos
nosos

Durmir
e soñar realidades
porque vivimos soños
e falámonos bicos

Ti e máis eu sabemos que ninguén durme coma nós


Coitados aqueles que esquecen dicir "bos días"
e nunca espertan en domingos coma os nosos
lentos
longos
grandes

inmensos

6 comentarios

  1. Genial, me encanta!!!
    besos
    Sabe

    ResponderEliminar
  2. que me dis das que espertamos con angustia.

    ResponderEliminar
  3. Que iso non pode ser! Sempre hai un motivo para sorrir ao espertar nun novo día. Por exemplo, o feito de espertar nun novo día! Apertas!

    ResponderEliminar
  4. sunday morning coming down, cantaba outro... pero si, que doces son as mañás de domingo.

    ResponderEliminar
  5. Encántame o agarimo e dozura que agochan estes versos;ay, os domingos...
    Noraboa! Seguirei o teu blog, porque de veras, gustoume moito, moito!
    Un aperta e non deixes nunca de escribir! ;-)

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Aída! Unha aperta grande!

    ResponderEliminar

Cóntame!